7/3/2011
O persoal afectado censura a falta de información e a exclusión da CIG das negociacións do plan de prexubilacións
O venres 4 de marzo realizouse diante da Galería de Sargadelos en Lugo unha concentración convocada polos oito despedidos/as na fábrica de Cerámica de Cervo. Coa concentración, que contou co apoio das delegadas da CIG no Comité de empresa, así como de membros das Executivas Local e Comarcal, quérese chamar a atención sobre a situación destes traballadores e traballadoras e reclamar da empresa “unha solución, que pasaría pola negociación e a readmisión”.
29/10/2010
Persoal da factoría desenvolveu unha concentración diante das portas do Concello de Cervo en demanda de solucións
A CIG presentou o xoves 28 de outubro, no portelo único do Concello de Cervo, o recurso de alzada contra a resolución da Delegación de Lugo da Consellería de Traballo pola que se aprobou o ERE de extinción de 26 empregos na fábrica de Sargadelos. Coincidindo co rexistro do recurso, desenvolveuse unha concentración diante das portas do Concello en demanda da readmisión das e dos traballadores despedidos e a prol do comezo dunha nova negociación coa dirección de cara a procurar solucións de futuro para a histórica cerámica.
13/10/2010
Aínda que o ERE presentado para a planta de Sada foi rexeitado, a Delegación de Traballo de Lugo autorizou os 26 despedimentos para a fábrica de A Mariña
Traballadores e traballadoras da fábrica de Sargadelos en Cervo continuaron esta tarde o calendario de mobilizacións contra a autorización do expediente de regulación de emprego presentado pola empresa, que xa se ten concretado na entrega da carta de despedimento a oito empregados/as. O ERE, que afectará a un total de 26 traballadores/as, foi aprobado a pesar de que a Delegación de Traballo de A Coruña rexeitou a regulación para a fábrica do grupo en Sada.
27/10/2009
Tamén contratou unha empresa externa para atender o servizo de comedor e ten intención de presentar un novo expediente
Os membros do Comité de Sargadelos da CIG veñen de rexeitar a actuación da dirección empresa, quen está a incumprir os acordos saídos da negociación do expediente de regulación temporal polos que a cerámica se comprometía a non realizar ningún despedimento e a retomar o servizo de comedor nas mesmas condicións tras o remate de vixencia do ERE. Non obstante, a dirección de Sargadelos vén de despedir a un traballador, afectado polo expediente, así como de externalizar os servizos de comedor.
21/4/2009
A empresa imcumpre deste xeito o acordado no expediente de regulación temporal
As traballadores e traballadores da fábrica de
Sargadelos en Cervo concentráronse diante do comedor das instalacións para
denunciar o peche do mesmo levado a cabo de xeito “unilateral” pola empresa, xa
que, segundo o pactado no expediente de regulación temporal este servizo sería cerrado
durante seis meses unha vez se puxera en marcha o ERE que afecta á practica
totalidade do cadro de persoal.
1/4/2009
Poderán acumular un tercio da xornada en días e manterán o calendario laboral previsto
As traballadoras e traballadores do grupo
Sargadelos de Cervo e Sada chegaron finalmente na tarde do 31 de marzo a un
acordo coa empresa no expediente de regulación de emprego, que posteriormente
foi asinado polo Comité e a dirección. O acordo, que foi votado en asemblea
entre as tres opcións presentadas por Sargadelos, establece que un tercio da
xornada se acumule en días, o que supón que cada traballador/a poderá
permanecer no paro 60 días como máximo.