27/1/2012
A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.
24/1/2012
A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de
Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta
Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de
saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A
federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén
padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa
función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
16/12/2011
A federación de Químicas e Enerxía consegue impoñerse á UGT e suma un delegado/a máis que a central española
A Confederación Intersindical Galega
alzouse coa maioría nas eleccións sindicais celebradas recentemente
na empresa Biofabri do Porriño. A central nacionalista obtivo un
delegado/a máis que a UGT, rompendo deste xeito a tendencia dos
últimos anos.
16/12/2011
A central nacionalista logrou catro delegados e consolida a súa presenza nas instalacións da empresa en Teixeiro
A CIG conseguiu a maioría absoluta nas eleccións celebradas o xoves 15 de decembro na empresa Bioetanol Galicia, S.A., situada en Teixeiro (Curtis), ao acadar catro dos/as cinco representantes que conformarán o Comité de empresa. A central nacionalista consolida deste xeito a súa presenza neste centro de traballo, xa que a lista independente só acadou unha delegada no colexio de técnicos e administrativos, mentres que nin CCOO nin UGT lograron montar candidatura.
12/12/2011
A central nacionalista obtivo catro dos cinco representantes que se escollían no comité
A CIG logrou a maioría absoluta nas
eleccións sindicais celebradas recentemente en Aquagest, empresa
concesionaria do subministro e saneamento de augas nos concellos de
Pontevedra, Poio, Cambados Ponteareas, Soutomaior e a Mancomunidade
do Salnés. A central nacionalista obtivo catro dos cinco
delegados/as que se escollían no comité de empresa e quedou a un só
voto de ser a única forza sindical con representación.
25/11/2011
A central nacionalista acada con este resultado a maioría no grupo de automoción
A federación de Químicas e Enerxía da CIG
logrou a vitoria nas eleccións sindicais celebradas recentemente na
empresa Dalphi Metal Seguridad ao lograr tres dos cinco delegados/as
do comité. Con este resultado a central nacionalista acada a maioría
no grupo de automoción con sede en Vigo.
17/11/2011
Os traballadores realizaron concentracións ante o departamento municipal e a sede de Emalcsa e repartiron folletos explicativos polo centro da Coruña
Na cuarta e última xornada de folga desta primeira fase do calendario de protestas, os traballadores do servizo de limpeza da rede de sumidoiros da Coruña conseguiron, no marco dunha concentración ás portas das dependencias municipais en Rego de Auga, manter unha reunión co Concelleiro de Medio Ambiente, ao que expuxeron a situación a respecto dos incumprimentos e ilegalidades cometidas por Valoriza Auga, empresa concesionaria do servizo.