29/11/2011
A empresa que xestiona gasolineiras de Cepsa en Ribadavia e Ponteareas non recorreu a cndena do TSXG polo mesmo motivo, polo que xa é firme
A Inspección de Traballo vén de
sancionar cunha falta moi grave á empresa Suministros y Áreas de
Servicio Ploc (Suarsesa) por vulnerar o dereito á liberdade sindical
dun empregado. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG)
condenara recentemente á compañía que xestiona estacións de
servizo de Cepsa en Ribadavia e Ponteareas polo mesmo motivo,
decisión contra a que xa non cabe recurso. A sentenza obriga á
compañía a devolverlle ao afectado a súa condición de delegado de
persoal, cargo que lle foi revogado nunha asemblea que o TSXG
considera nula.
26/10/2011
A empresa que xestiona a gasolineira de Cepsa en Ribadavia tamén está acusada de acoso laboral en Ponteareas
O Tribunal Superior de
Xustiza de Galiza (TSXG) vén de condenar á empresa Suministros y
Áreas de Servicio Ploc (Suarsesa) ao entender que vulnerou o dereito
á garantía de indemnidade e á liberdade sindical dun traballador.
A sentenza obriga á compañía a devolverlle a súa condición de
delegado de persoal, cargo que lle foi revogado nunha asemblea que o
TSXG considera nula.
7/10/2009
As condicións de traballo incumpren a normativa en materia de prevención e poñen en perigo a súa integridade física
A CIG de Ourense vén de denunciar perante a Inspección de Traballo a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras do Obradoiro ABOBRIGA, promovido polo concello de Ribadavia. Unhas condicións que violan a normativa vixente e constitúen incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais que poñen en perigo a súa integridade física.
13/4/2009
A actividade da empresa de Ribadavia queda suxeita a unha improbábel venda
Os actuais propietarios de Ataúdes Chao
amosaron a súa disposición a abonar as dúas mensualidades e a paga
extraordinaria que lle adebedan aos 15 traballadores e traballadoras, así como
a facilitar a carta de despedimento o máis rápido posíbel. Así llo trasladaron
aos representantes do persoal nunha xuntanza mantida o luns 13 de abril, na que
tamén comunicaron o cese definitivo da actividade nesta empresa de Ribadavia.
7/4/2009
Denuncian a retirada de materiais das instalacións
As traballadoras e traballadores de “Ataúdes
Chao Escudero”, en Ribadavia, continuarán esta semana diante das instalacións
da fábrica de cadaleitos á espera da confirmación da noticia da venda da
empresa, que segundo a actual dirección se vai producir na xornada de hoxe, 7
de abril. Segundo explicou o responsábel da CIG-Construción en Ourense, Xan
Losada, as informacións que chegan sobre este punto son contradictorias, polo
que o persoal “vai continuar presionando á dirección polo menos para cobrar as
dúas mensualidades e a paga que se adebeda”.