8/4/2009
Realizáronse horas extras e traballáronse fins de semana, despois dun expediente que afectou ao 90% do persoal
O Comité de Empresa do Grupo Antolín-PGA do Porriño denuncian que despois dun ERE do 20 de febreiro ao 5 de marzo que afectou ao 90% do persoal, a empresa contratou a 25 persoas por ETT, realizáronse horas extras na fin de semana e contratáronse transportes especiais porque non había stock para servir ao cliente. Mentres, os traballadores tiveron problemas co cobro da prima de produción e calidade. Se a empresa non resolve esta situación, desde o Comité de Empresa convocarán folgas parciais a partir do 20 de abril e irán intensificando as medidas de presión até convocar folga indefinida.