17/4/2009
Reclaman un plano de viabilidade que garanta o futuro da empresa
O Comité de Alonarti Envases, en O Porriño,
deu por finalizado o peche que mantiña nas instalacións da fábrica logo chegar
a un principio de acordo coa representación social de Vialmar (propietaria da
empresa) no transcurso dunha reunión celebrada o 16 de abril. O Comité quedou
emprazado a unha nova xuntanza o vindeiro xoves 23, na que se dará a coñecer o
plano de viabilidade e futuro para Alonarti e se analizarán as medidas a levar
adiante.
15/4/2009
Critican que a fábrica careza de sistema de produción e de cualidade
Os nove membros do Comité de Empresa de
Alonarti Envases, situada no Polígono das Gándaras de O Porriño, manteñen dende
o martes 14 de abril un peche indefinido nas instalacións da fábrica para
reclamar á dirección un plano de viabilidade que garanta o futuro da empresa. Segundo
indicaron, dende que a construtora Vialmar adquiriu a planta, esta está a sufriu
unha constante recesión, ao carecer de sistema de produción e de cualidade ao tempo que se lamentou que non saiban aproveitar a abundante carga de traballo que ten esta empresa que da traballo a 125 persoas.