4/5/2012
Os secretarios comarcal e xeral salientaron o seu compromiso co proxecto sindical nacionalista dende o seu comezo
A CIG de Pontevedra homenaxeou onte os afiliados e afiliadas con 25 anos
ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista. Preto dun cento persoas recibiu un pequeno agasallo de mans dos
secretarios comarcal e xeral da CIG durante o acto celebrado no salón de actos do Pazo da Cultura.
28/2/2012
A central nacionalista é tamén a primeira forza sindical da provincia de Pontevedra con 2.096 delegados e delegadas (o 31,47%)
A
Confederación Intersindical Galega volve ser por quinta vez consecutiva a primeira
forza en número de representantes na comarca viguesa e no conxunto
da provincia de Pontevedra. A central nacionalista obtivo nas
eleccións sindicais celebradas recentemente na comarca un total de
1.481 delegados/as (o 32,58%), mentres que no conxunto da provincia
sumou 2.096 representantes (31,47%).
21/2/2012
Critica que se vaian a perder 150 postos de traballo cando existe unha oferta polas plantas de Ribadumia e Vilaxoán
A CIG
denuncia que a falta de vontade política da Xunta de Galiza fai
practicamente imposíbel o mantemento de 150 empregos nas plantas de
Vilaxoán e Ribadumia da conserveira Alfageme. Dende a central
nacionalista sosteñen que as traballadoras séntense enganadas polos
responsábeis autonómicos despois de que apoiasen publicamente a
venta da empresa a un grupo cántabro cando dous días antes o Igape
comunicoulle ao xulgado que non se faría cargo do importe dos avais,
requisito imprescindíbel para facer posíbel a operación.
15/2/2012
Antes da mobilización preparatoria da folga xeral, que rematou diante da Subdelegación do Goberno español, celebrouse unha asemblea para analizar as novas medidas económicas
Máis de 200 delegados e delegadas da CIG de Pontevedra percorreron este mediodía o centro da cidade en manifestación para rexeitar a nova reforma laboral do Partido Popular e chamar á veciñanza a loitar na defensa dos seus dereitos sumándose á folga xeral convocada pola central nacionalista a finais de marzo. Antes da mobilización, que rematou diante da Subdelegación do Goberno español, tivo lugar unha asemblea na que se analizaron as últimas medidas económicas impostas contra a clase traballadora e que ataca dereitos básicos da maioría social.
14/2/2012
Mantiveron o encerro até as 15.00 horas para reclamarlle que asuma as súas responsabilidades no proceso de venta da conserveira
Un grupo de traballadoras de Alfageme pechouse esta mañá nas dependencias da Xunta de Galiza en Pontevedra para reclamarlle ao Igape que negocie a liberación dos avais da conserveira para posibilitar a cancelación das débedas coas entidades acredoras. Arredor das 15.00 horas decidían abandonar a protesta despois de que o director do Igape se comprometese a retomar as negociacións cos bancos.
19/1/2012
A central nacionalista obtivo catro representantes, mentres que a UGT sumou só un delegado/a
A
Confederación Intersindical Galega volveu
acadar
moi
bos
resultados
nas
eleccións
sindicais
celebradas
na compañía pontevedresa Vertifil
Industrial,
dedicada ao sector
téxtil e con sede
en
Moraña. A CIG obtivo
catro representantes no comité de empresa, mentres que a UGT só
sumou un delegado/a.
12/1/2012
Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro na Coruña e Pontevedra
A CIG convoca concentracións solidarias coincidindo cos xuízos contra dous compañeiros da federación de Servizos. Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro diante dos xulgados da Coruña e Pontevedra unha hora antes do inicio das sesións, fixadas para as 11.00 e 12.00 horas respectivamente. A central nacionalista vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” coa que se pretende denunciar a represión policial e xudicial que sofren moitos e moitas militantes pola súa actividade sindical.