19/1/2012
A central nacionalista obtivo catro representantes, mentres que a UGT sumou só un delegado/a
A
Confederación Intersindical Galega volveu
acadar
moi
bos
resultados
nas
eleccións
sindicais
celebradas
na compañía pontevedresa Vertifil
Industrial,
dedicada ao sector
téxtil e con sede
en
Moraña. A CIG obtivo
catro representantes no comité de empresa, mentres que a UGT só
sumou un delegado/a.
12/1/2012
Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro na Coruña e Pontevedra
A CIG convoca concentracións solidarias coincidindo cos xuízos contra dous compañeiros da federación de Servizos. Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro diante dos xulgados da Coruña e Pontevedra unha hora antes do inicio das sesións, fixadas para as 11.00 e 12.00 horas respectivamente. A central nacionalista vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” coa que se pretende denunciar a represión policial e xudicial que sofren moitos e moitas militantes pola súa actividade sindical.
12/12/2011
A central nacionalista obtivo catro dos cinco representantes que se escollían no comité
A CIG logrou a maioría absoluta nas
eleccións sindicais celebradas recentemente en Aquagest, empresa
concesionaria do subministro e saneamento de augas nos concellos de
Pontevedra, Poio, Cambados Ponteareas, Soutomaior e a Mancomunidade
do Salnés. A central nacionalista obtivo catro dos cinco
delegados/as que se escollían no comité de empresa e quedou a un só
voto de ser a única forza sindical con representación.
29/11/2011
O xulgado declarou nulo un dos despedimentos e o outro improcedente, pero a empresa segue sen abonar a correspondente indemnización
A
secretaria comarcal da CIG-Servizos de Pontevedra compareceu hoxe en
rolda de prensa para reclamar o cumprimento da sentenza que obriga á
empresa que xestiona a cafetería da base militar da Brilat a
readmitir a dúas traballadoras afiliadas á central nacionalista.
Diana Rodríguez denuncia que o xulgado declarou nulo un dos
despedimentos e o outro improcedente, “pero Unión Vending Cádiz
segue sen abonar a correspondente indemnización no caso do despido
improcedente xa que optou por non readmitila”.
24/11/2011
Delfín Fernández denegou a autorización para celebrar unha concentración na Xunta este 25-N
A CIG denuncia que o subdelegado do
Goberno español en funcións denegoulle a autorización para
realizar unha concentración diante do Edificio Administrativo da
Xunta de Galiza en Pontevedra con motivo do Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este 25
de novembro. Dende a central nacionalista critican a falta de
sensibilidade de Delfín Fernández cunha lacra social contra a que
berrarán os milleiros de persoas que participarán nos actos
convocados nas distintas comarcas do país.
16/11/2011
Arredor dun cento de persoas concentrouse fronte á Deputación de Pontevedra para reclamar estabilidade laboral
Arredor dun cento de bombeiros de todos
os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás
portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de
dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis
de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os
parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.
15/11/2011
O deputado do BNG, Bieito Lobeira, presenta os datos oficiais da Consellaría de Sanidade, onde se reflicten os tempos de tardanza na resposta a emerxencias
O responsábel comarcal da FGAMT-CIG de
Pontevedra, Xabier Aboi, comparecía en rolda de prensa acompañado
polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, para avaliar as consecuencias
dos atrasos nos tempos de resposta da ambulancia de Marín, logo de
ter sido recortado o servizo de ambulancias por decisión da
consellaría de Sanidade. O deputado nacionalista aclarou que os
datos foron proporcionados pola propia consellaría, logo de seren
demandados en sede parlamentaria polo BNG.