Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
Repartir de outra maneira a riqueza produzida constitui a melhor resposta à crise. A parte destinada aos assalariados nas riquezas produzidas baixo...
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
Saúde Saúde
18/7/2014 CIG-Saúde de Lugo denuncia os “flagrantes incumprimentos” da concesionaria, IBERMASA, e a prohibición do SERGAS de que se lle apliquen penalizacións
A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar os “flagrantes incumprimentos” do servizo de mantemento dos equipos de electromedicina, por parte da concesionaria IBERMASA. Asegura que isto ten provocado atrasos de citas, problemas no normal desenvolvemento do traballo e importantes trastornos nas actividades. Denuncia ademais que, malia isto, o SERGAS ten prohibido aos centros que se lle apliquen sancións á empresa e demanda o seu rescate “sen máis demora”.
17/7/2014 Denuncia que o SERGAS vainos entregar a empresas privadas
A CIG-Saúde de Pontevedra organiza unha charla para o vindeiro luns día 21 ás 20:30h no Local da Federación de Asociación de Veciños «Castelao», na Rúa Gagos de Mendoza, para explicar as consecuencias e como vai afectar a usuarios/as e traballadores/as a privatización dos laboratorios e do Hospital Único de Pontevedra.
17/7/2014 Denuncia que as deficiencias no servizo poñen en risco a asistencia sanitaria
A CIG-Saúde vén de presentar no rexistro do Sergas un escrito dirixido á consellaira de Sanidade, Rocío Mosquera, no que se demanda a rescisión do contrato coa empresa concesionaria do servizo de electromedicina e o seu rescate para a sanidade pública. Lembra que desde que se privatizou o servizo produciuse un deterioro “até límites de pór en risco a asistencia sanitaria”.
10/7/2014 Reclama a cobertura inmediata dos postos de traballo para garantir a calidade da asistencia aos pacientes
A federación de Saúde da CIG de Vigo tivo coñecemento a través de traballadores/as do servizo de UCI do hospital Meixoeiro de que a Xerencia do Chuvi pretendeu pechar dende o 1 de xullo, e  durante o verán, tres camas neste servizo, “coa conseguinte redución de persoal, que se cuantifica nunha enfermeira e unha auxiliar de enfermería por cada quenda”.
9/7/2014 Chaman á cidadanía a participar nas concentracións diante do Xeral e na manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 9 de outubro
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo anunciou onte a convocatoria de mobilizacións para reclamar que o novo hospital da cidade sexa dotado dun laboratorio central e instan a toda a cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán diante do hospital Xeral os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 11.00 horas e na manifestación que percorrerá as rúas da cidade o xoves 9 de outubro ás 20.00 horas.
4/7/2014 A Xunta de Persoal do Chuvi apoia a loita dos profesionais de laboratorio
A CIG-Saúde de Vigo desenvolveu hoxe un acto de protesta ás portas do ambulatorio de Beiramar para denunciar que detrás do que o Sergas presenta como un traslado “agóchase o peche do centro, o que afonda no desmantelamento da atención primaria”. Por outra banda, a Xunta de Persoal do Chuvi vén de facer público o seu rexeitamento a que o novo hospital da cidade non conte cun laboratorio central.
2/7/2014 A CIG-Saúde de Lugo denuncia que ían ser ingresados en Cirurxía para poder así pechar Uroloxía
A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que este martes a Xerencia do Hospital Lucus Augusti (HULA) suspendeu o ingreso de cinco doentes de Uroloxía para ser intervidos este mércores en quirófano, ao parecer, por falta de camas. Denuncian o caos que estas medidas están a provocar e a “falta de consideración desta Xerencia, de novo, cos/coas doentes de Lugo”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com