Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Saúde Saúde
7/2/2012 A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
3/2/2012 CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
31/1/2012 As mobilizacións foron convocadas pola CIG para reclamar cambios na xornada, calendarios anuais e contratación de persoal das listas
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.
11/1/2012 A CIG-Saúde esixe á dirección da asociación un cambio radical na súa actuación e a readmisión destes/as profesionais
Coincidindo co xuízo contra os traballadores despedidos na Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), a CIG Saúde realizou unha concentración ás portas do xulgado para amosar a solidariedade co persoal afectado/a e esixirlle á Dirección da entidade a readmisión destes profesionais, que nalgún caso contaban con máis de 20 anos de servizo.
11/1/2012 A central nacionalista acadou 41 votos e 3 delegadas
A CIG foi á forza máis votada nas eleccións, celebradas o martes 10 de xaneiro, ao Comité de empresa do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos (CHAMPNS) de Ferrol, do que se encarga a empresa Limpisa. A central nacionalista conseguir 41 votos (3 delegadas) fronte aos 37 acadados pola segunda forza, a COG.
9/1/2012 A CIG-Saúde entende que os despedimentos non responden a cuestións económicas senón a unha política represiva por parte da dirección
A CIG-Saúde de Ferrol ten convocadas para esta semana tres concentracións para esixir a readmisión dos traballadores e traballadoras que o pasado mes de outubro foron despedidos pola Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro). A directiva da asociación amparouse nos recortes orzamentarios para xustificar a súa decisión, que afectou a empregados/as con máis de 20 anos dedicados á prestación deste servizo. Porén, dende a CIG-Saúde entenden que os despedimentos tiveron outros motivos non relacionados con cuestións económicas.
21/12/2011 Ergueron carteis contra a privatización e os recortes e repartiron un “kit” de supervivencia hospitalaria entre os deputados/as, con útiles de aseo e comida
A Plataforma “SOS Sanidade Pública”, que aglutina a todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública constituídas nas diferentes áreas sanitarias, convocou na tarde deste mércores, coincidindo co debate dos orzamentos, unha concentración diante do Parlamento de Galiza. Mentres representantes das numerosas plataformas do país denunciaban que “O público é servizo, o privado beneficio” fronte o edificio do Hórreo, no interior, membros desta plataforma levantaban carteis en defensa do sistema público e contra as privatizacións. Entre os aplausos dos deputados e deputadas da oposición, a presidenta do Parlamento os expulsaba do pleno.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com