10/3/2010
Diante da adquisición da fábrica por parte do grupo galo Lactalis
A FGAMT-CIG de Lugo e o Comité de Puleva Food na planta de Nadela reclamaron á empresa que achegue información a respecto da venda das catro fábricas da compañía á francesa Lactalis e como vai afectar esta operación aos 112 traballadores/as de Galiza. Dende a CIG de Lugo subliñan que esta venda deixa patente, unha vez máis, a situación de dependencia de empresas foráneas á que está sometida o sector primario galego (que en Lugo ten un especial peso).
8/5/2009
Reclaman garantías de recollida do produto e prezos dignos que posibiliten o futuro as explotacións gandeiras
Unhas 50.000 persoas participaron nas
mobilizacións conxuntas convocadas polo Sindicato Labrego Galego, UU.AA, XX.AA.e
a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) en 14 cabeceiras de
comarca para exixir unha solución á grave crise que atravesa o sector,
garantías do mantemento dos posto de traballo e do futuro do sector leiteiro. A
central nacionalista participou solidariamente nalgunha das manifestacións
desenvoltas entre as 12:00 e as 14:00 horas do 8 de maio, mentres que o
secretario xeral da CIG, Suso Seixo, estivo presente na protesta de Arzúa.
7/5/2009
Esixe ás administracións que impida a marcha da empresa
A CIG de Lugo vén de amosar o seu total
rexeitamento ao anuncio de Leche Pascual de pechar a factoría de Outeiro de
Rei. Dende a central consideraron “intolerábel” que unha empresa que “estivo a
ter beneficios multimillonarios nos últimos anos peche deste xeito o seu centro
de traballo, deixando na rúa a 155 traballadores”, mentres noutras plantas do
Estado estase incrementando o cadro de persoal. Así mesmo, a CIG de Lugo esixiu
ás administracións locais e galega que tome as medidas oportunas “para evitar
esta desfeita”.
6/5/2009
Convocadas polos sindicatos agrarios nas principais comarcas gandeiras
A central sindical nacionalista apoia as
mobilizacións convocadas polos sindicatos agrarios (SLG, UU.AA, XX.AA.) e a
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), para o vindeiro 8 de maio
nas principais comarcas gandeiras galegas, en defensa do emprego e do futuro do
sector lácteo. A CIG chama á participación nas mobilizacións que terán lugar
entre as 12 e as 14h do vindeiro venres en Melide, Arzúa, Betanzos, Vimianzo, Ordes,
Santa Comba, Chantada, Ribadeo, Sarria, Meira, Palas de Rei, Vilalba, A Estrada
e Pontevedra.