Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Ucrânia: O acordo com o FMI conduz à mesma depressão que na Grécia
07/04/2014Jack Rasmus
A 27 de março de 2014, o FMI deu a conhecer as linhas mestras das condições para os seus empréstimos e outras medidas destinadas à economia ucr...
Medre das desigualdades: A súa meirande (e máis silenciada) causa
03/04/2014Vicenç Navarro
As causas das desigualdades son políticas e teñen que ver predominantemente co grao de influencia política que os propietarios do capital teñen ...
10 factos chocantes sobre os Estados Unidos
03/04/2014António Santos
São mais os países do mundo em que os EUA já intervieram militarmente do que aqueles em que ainda não o fizeram. Números conservadores apontam ...
Referendo en Crimea
19/03/2014Jacques Sapir
A Grela
14/6/2011 O persoal, co que a empresa mantén unha débeda económica, atópase sen ocupación porque o dono desvía os clientes a outras lavanderías da zona
Os traballadores e traballadoras de Lavandería La Espuma, situada no Polígono da Grela, queren chamar a atención sobre a situación de total indefensión na que se atopan nestes momentos. O persoal, que ten denunciado ao empresario por un posíbel delito de estafa no Xulgado do Penal, acode aos seus postos a diario mais permanece sen carga de traballo efectiva, xa que o propietario está desviando os clientes a outras lavanderías e comunicándolles o presunto peche do negocio.
13/10/2009 A CIG reclama á Xunta que resolva o recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE
Traballadoras/es de Caramelo e delegados/as da CIG mobilizáronse na mañá do 13 de outubro diante da delegación da Consellaría de Traballo en A Coruña para reclamar á Xunta unha contestación ao recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE que supuxo o despedimento de 237 persoas na planta de A Grela e abriu ás portas a deslocalización do 100% da produción.
29/9/2009 Critican a actuación de CCOO ao apoiar unha votación “ilegal” e referendar un acordo que recorta os dereitos do persoal
Os 237 traballadores e traballadoras de Caramelo despedidos/as por mor do ERE aprobado pola Xunta de Galiza o pasado mes de agosto, remitiron un comunicado de prensa manifestando a súa opinión a respecto de todo o proceso levado a cabo pola dirección da empresa, así como sobre as decisións tomadas tanto pola administración como por CCOO, que se desmarcaron da vontade expresada pola maioría do persoal para permitir unha regulación que emprego que consideran “unha fraude”.
18/9/2009 Dende a Unión Comarcal de A Coruña rexéitanse as declaracións de Beatriz Mato e reitérase a petición de dimisión
A CIG, en resposta ás ultimas declaracións feitas pola conselleira de Traballo a respecto do ERE de Caramelo e na conta desta central, quere lembrar que foi a Consellaría quen, coa aprobación do expediente “tirou polo precipicio” 237 postos de traballo, ademais de posibilitar á empresa para levar a cabo a deslocalización da produción a China.
10/9/2009 Solicitan a dimisión da conselleira de Traballo por prevaricación
Un grupo de traballadoras/es de Caramelo e delegados e delegadas da CIG na comarca de A Coruña concentráronse na mañá do 10 de setembro diante dos edificios administrativos da Xunta para denunciar a ilegalidade do expediente de regulación da fábrica de A Grela e reclamar á Dirección Xeral de Relacións Laborais que resolva dunha vez o recurso de alzada presentado pola central en contra da aprobación do ERE. Así mesmo, criticouse a actuación de CCOO neste proceso e demandouse a inmediata dimisión da conselleira de Traballo.
24/7/2009 O persoal trasladou o resultado durante a mañá do venres aos mediadores, á espera da resposta da dirección
A Asemblea de traballadoras e traballadores de Caramelo rexeitou a última proposta presentada polos mediadores, a través da que a empresa pretendía, entre outros puntos, reservase unha cota de despedimentos obrigatorios. Agora o persoal agarda unha resposta por parte da dirección a respecto do novo escenario de negociacións: continuar as conversas ou anunciar o concurso de acredores.
23/7/2009 A asemblea de traballadoras e traballadores deberá decidir esta tarde se acepta ou rexeita a oferta
A asemblea de traballadores/as de Caramelo deberá decidir esta tarde se acepta ou rexeita a última proposta achegada polos mediadores na negociación. Dende a CIG-Téxtil aclarouse que a oferta ten “trampa”, xa que a empresa se reserva un cupo de despedimentos obrigatorios, no caso de non acadar as baixas voluntarias a cifra dos 237. Dende a central crese que con esta medida a dirección de Caramelo quere garantir un modo de despedir ao persoal sancionado o pasado mes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com