30/11/2011
A decisión foi adoptada na primeira das asembleas convocadas, que tivo lugar en Vigo, o 29 de novembro
O martes 29 de novembro celebrábase en Vigo a
primeira das asembleas convocadas pola CIG-Banca co persoal de Novagalicia Banco.
Unha xuntanza na que se acordou pór en marcha unha campaña que inclúe
mobilizacións para facer fronte ás ameazas de despedimentos e aos traslados
opacos que entenden que perseguen que o persoal acabe por marchar con baixas
incentivadas.
7/11/2011
A CIG desmente o comunicado que Medio Rural colgou na súa web, no que asegura que hai un “diálogo aberto” que afirman “é inexistente”
Axentes forestais de
toda Galiza reuníanse, o pasado venres, nunha multitudinaria asemblea para
debater sobre o acontecido durante a última vaga de lumes, valorar as súas
condicións laborais e presentar un escrito asinado por todas as organizacións
sindicais, recollendo as súas principais demandas. Mentres se celebraba esta
xuntanza, a consellaría de Medio Rural publicaba na súa web unha nota
informativa respecto dos avances do diálogo aberto. Diálogo que a CIG denuncia
que é inexistente.
20/10/2011
A Unión Comarcal de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na que se chamou á loitar por un cambio de modelo e se animou a participar na manifestación do 23 de outubro
Proseguindo co calendario de actos enmarcados na campaña “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos sociais”, a CIG de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na tarde do mércores na que participou tamén o Secretario Xeral da central nacionalista. Seixo demandou un cambio nas políticas fiscais, que debe pasar por máis impostos para as rendas máis altas e a persecución da fraude e dos paraísos fiscais, ao tempo que criticou o recorte do gasto social e do investimento público nun momento no que este é a única vía para xerar emprego e reactivar a economía
28/7/2011
Delegados/as da central nas empresas do sector debatiron en asemblea a posibilidade dunha folga xeral na comarca
A CIG apostará por continuar coas
mobilizacións en defensa do sector naval da Ría de Vigo a partir do
mes de setembro. Delegados/as da
central nacionalista nas empresas do sector tamén debatiron en
asemblea a posibilidade de convocar unha folga xeral na comarca para
esixirlle aos Gobernos español e galego unha solución á grave crise que atravesa unha industria
fundamental para a economía do país.
27/7/2011
A xuntanza ten por obxecto compartir información e decidir vindeiras mobilizacións
Delegados e delegadas do naval da CIG
analizarán este xoves en asemblea a situación do sector na Ría de
Vigo. A xuntanza servirá tamén para compartir información sobre o
estado no que se atopan moitas das empresas e decidir as próximas
mobilizacións para reclamar unha solución á grave crise que
atravesa unha industria fundamental para a economía do país. A cita é nos locais do sindicato na cidade olívica a partir das 17.30 horas.
17/2/2011
A central continuará coas protestas e non descarta convocar unha manifestación en Madrid coincidindo co trámite parlamentario da reforma
Centos de
delegados e delegadas da CIG saíron hoxe á rúa en Vigo, A Coruña
e Ferrol no marco da campaña que a central está a desenvolver en
todas as comarcas do país en defensa do emprego e contra a reforma
do sistema público de pensións. As mobilizacións tiveron lugar
despois das asembleas organizadas para valorar a folga xeral do
pasado 27 de xaneiro, analizar o pacto social entre Goberno e
sindicatos españois e abordar a convocatoria de novas mobilizacións,
entre as que non se descarta unha manifestación en Madrid en abril,
coincidindo coa tramitación parlamentaria da reforma das pensións.
8/9/2010
Baixo o lema “Non á explotación xuvenil! Emprego digno para a mocidade! a afiliación máis nova da CIG desenvolverá accións até o día 29
O xoves 9 de setembro, enmarcado na campaña de accións previas á convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de setembro, a CIG-Mocidade iniciará en A Coruña a rolda de asembleas por todo o País de cara a configurar unha resposta da xente máis nova do sindicato fronte ás medidas regresivas adoptadas polos gobernos. Os encontros rematarán o próximo mércores e servirán de antesala para a xornada de mobilización nacional que a CIG-Mocidade desenvolverá o 17 de setembro en todas as comarcas.