Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
entidades financeiras
14/11/2011 A central advirte que o proceso de centralización suporá a desaparición das entidades galegas e a perda da capacidade de decisión
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron na mañá deste luns unha manifestación polas rúas da Coruña en rexeitamento ao proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno estatal co apoio do PP, e a prol dun convenio xusto para os traballadores e traballadoras de bancos e caixas. Este proceso de reestruturación, advertía o Secretario Nacional da Federación de Banca durante a mobilización, está a supor a desaparición das entidades financeiras galegas e, polo tanto, implica a perda de capacidade de decisión, mais tamén pon en perigo a continuidade de miles de empregos en Galiza.
3/3/2010 O banco trasladou a un delegado da CIG como represalia por ter defendido a un traballador despedido inxustamente
Por segundo martes consecutivo delegados e delegadas da CIG-Banca concentráronse diante da oficina principal do Banesto en Ourense para protestar polo traslado do Presidente do Comité de Empresa e delegado da CIG para unha oficina nas aforas de Ourense, establecéndolle ademais un control diario sobre a súa actividade. Posteriormente a protesta trasladouse ao interior da entidade para informar ao persoal da oficina.
12/2/2010 Desenvolveron unha concentración diante da sucursal de Citibank, pertencente ao mesmo grupo, na Porto do Sol de Vigo
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron o 11 de febreiro unha concentración na sucursal do Citibank, na Porta do Sol de Vigo, esixindo da empresa o mantemento dos postos de traballo e o respecto aos traballadores e traballadoras de Citifin. Durante os últimos meses, a empresa abriu un proceso de negociación coa representación sindical no que pretendía obter o visto bo para o desmantelamento da financeira. A CIG rexeitou a intención da empresa e o preacordo ao que chegaron os sindicatos estatais CCOO e UGT coa entidade, para desfacerse practicamente de todo o persoal a través de prexubilacións e baixas incentivadas. Preacordo que foi rexeitado polos traballadores/as.
12/2/2010 A CIG lembra que cumprir a xornada nas entidades financeiras suporía crear 1.250 empregos
O día 11 de febreiro a CIG volveu saír á rúa, en Vigo e Lugo, para denunciar os acordos de “flexibilidade horaria” que están impoñendo os grandes bancos coa complicidade de CCOO e UGT. Acordos que rematan coa xornada regulada, dando paso ao traballo por obxectivos. Estes acordos consagran a impunidade para realizar milleiros de horas extras, que impiden a conciliación da vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras.
30/12/2009 A empresa poderá saír así do concurso de acredores e retomar con normalidade a actividade produtiva
Con ilusión e esperanza recibían as traballadores e os traballadores de Montoto na mañá deste mércores 30 de decembro a noticia de que todas as entidades financeiras ían dar finalmente o seu apoio ao plano de viabilidade desta empresa do Deza. Non obstante, dende a CIG xa se advertiu que se vixiará atentamente todo o desenvolvemento do proxecto, especialmente no que atinxe ao mantemento do persoal e a progresiva incorporación de traballadores/as.
15/10/2009 A central destaca que co que cobran oito directivos de Caixa Galicia poderíanse contratar a 411 persoas
A nivel internacional e estatal hai aberto un debate para limitar os excesivos salarios dos banqueiros, un debate máis que necesario a nivel galego, como demostran os desmedidos salarios dos altos directivos de entidades bancarias que están recibindo subvencións públicas. A CIG-Banca indica que ese é o caso de Caixa Galicia, entidade que por outra parte "está pechando centros de traballo, reducindo persoal e que implantou un réxime laboral baseado no terror".
24/6/2009 Denuncian que dende comezos de ano a entidade anunciou o peche de 9 centros e non descarta novas medidas
Medio cento de delegados e delegadas convocados polo Comité de Empresa de Caixa Galicia na provincia de Ourense concentráronse ante a Oficina Principal da Entidade en contra do peche de oficinas e pola defensa dos postos de traballo. Dende o Comité denuncian que no vai que de ano Caixa Galicia anunciou o peche total, parcial ou temporal de 9 centros de traballo, así como novos posíbeis peches para o segundo semestre de 2009.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com