10/2/2012
Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as
participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública,
coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas
concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron
a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia
que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións
laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
10/2/2012
Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación
Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma
laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións
laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende
ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar
as relacións laborais. O secretario
xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada
dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades
sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera
que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma
laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.
9/2/2012
Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do
sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa
celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha
concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva
mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas
puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos
polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas
convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde
diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con
carácter de urxencia.
7/2/2012
A conferencia sindical celebrada este martes en Compostela aprobou por aclamación a mobilización
O
secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana
do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia
sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e
na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
6/2/2012
Arredor de 400 dirixentes da central nacionalista participarán na xornada de análise que se celebra este martes día 7 en Santiago de Compostela
A CIG celebra unha conferencia sindical nacional en Santiago de Compostela este martes 7 de febreiro na que arredor de 400 as dirixentes da central nacionalista debaterán o contexto político sindical e laboral e as alternativas fronte á crise do sistema capitalista. As conclusións que se tiren do encontro marcarán o traballo a desenvolver nos vindeiros meses.
6/2/2012
O traballo inclúe entrevistas a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva
A Fundación Moncho Reboira-Fesga presenta un traballo audiovisual que recolle a análise sobre o recente
acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME (“II Acuerdo para el
empleo y la negociación colectiva”). Inclúe entrevistas con Xesús
Seixo, secretario xeral da CIG, e Antolín Alcántara, secretario
confederal de negociación colectiva da central.
3/2/2012
Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo
rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe.
Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión
de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende
eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21
días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia
de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a
reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas
as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.