Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
caixas
14/11/2011 A central advirte que o proceso de centralización suporá a desaparición das entidades galegas e a perda da capacidade de decisión
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron na mañá deste luns unha manifestación polas rúas da Coruña en rexeitamento ao proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno estatal co apoio do PP, e a prol dun convenio xusto para os traballadores e traballadoras de bancos e caixas. Este proceso de reestruturación, advertía o Secretario Nacional da Federación de Banca durante a mobilización, está a supor a desaparición das entidades financeiras galegas e, polo tanto, implica a perda de capacidade de decisión, mais tamén pon en perigo a continuidade de miles de empregos en Galiza.
14/11/2011 O traballo, que analiza as consecuencias da privatización sobre a economía galega, contén entrevistas a Clodomiro Montero, Xavier Vence e Carlos Aymerich
A Fesga-Fundación Moncho Reboiras presenta unha reportaxe de 12 minutos de duración na que se abordan as consecuencias da privatización das caixas galegas sobre a economía do noso país. Conta coas entrevistas a Xavier Vence (catedrático de Economía Aplicada na USC), Clodomiro Montero (secretario nacional da CIG-Banca e Aforro) e máis a Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento galego).
26/1/2011 O proceso conta co respaldo, tanto do PP, como do PSOE
A semana pasada unha misión do FMI, organismo que defende a privatización dende ano 1999, reuníase co Goberno e co Banco de España, para, ao igual que fixo no seu momento coa da reforma laboral, a reforma das pensións ou a da negociación colectiva, indicarlle as directrices que o capital financeiro internacional tiña para as Caixas de Aforros, que non son outras que a súa inmediata privatización.
12/4/2010 A nova Executiva da Federación contou con 104 votos dos 105 votos emitidos
O V Congreso da Federación da Banca da CIG estivo marcado pola crise e restruturación do sistema financeiro, nomeadamente das Caixas de Aforros e pola grave deslocalización do sector do telemarketing. Aprobouse unha resolución que avala a presentación dun posible recurso contra a aplicación do Regulamento do FROB para impedir a liquidación parcial das Caixas e a venda de rede á banca privada.
26/2/2010 Infórmase das mobilizacións convocadas en todas as comarcas con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
A CIG vén de editar un novo boletín, dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical respecto das medidas que se están a barallar polo goberno para afrontar a crise económica e para presentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando!
12/5/2009 Manifestación de delegados e delegadas do sector financeiro na Coruña
Delegados e delegadas do sector financeiro manifestáronse o martes 12 de maio polas rúas da Coruña para protestar contra a reconversión iniciada por Bancos e Caixas ,que levou ao peche de 100 centros de traballo (oficinas e departamentos centrais) e a destrución de máis de 500 empregos dende o mes de decembro. Esta mobilización percorreu as principais rúas do centro desta cidade, e rematou diante da sede do Banco de España na Coruña.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com