30/12/2011
A autoridade laboral atende as denuncias presentadas pola CIG e resolve que os contratos eventuais e por obra non estaban xustificados
O comité de empresa de Linorsa, a concesionaria da limpeza dos colexios públicos de Vigo, vén de comunicar que a Inspección de Traballo atendeu as denuncias da CIG e obrigará á empresa a facer indefinidas a 25 empregadas/os que foran contratadas de xeito eventual ou por obra. A autoridade laboral comprobou que este tipo de contratación temporal non estaba debidamente xustificada pero non lle imporá unha sanción porque a compañía xa anunciou a súa intención de corrixir a situación e contratalas como indefinidas fixas discontinuas.
2/5/2011
Poderán facerlles o contrato a medida que queiran: eventual, a tempo parcial, formativo... cando poden levar traballando meses ou anos
O pasado venres, día 29 de abril, o Consello
de Ministros aprobaba un Decreto Lei de Medidas para o afloramento e control do
emprego somerxido. O plan do goberno concíbese como algo extraordinario e
limitado no tempo, que abrangue un conxunto de medidas co obxectivo de que
aflore o traballo non declarado, que vén sendo unha parte importante do que se
coñece como economía somerxida. Non se entende ben a urxencia deste Plan en
termos reais, si ben parece que o goberno quere ser o primeiro en cumprir as recomendacións da UE sobre este aspecto e poder presentarse
no próximo Consello Europeo de Primavera cos deberes feitos para tranquilizar
así ao “Sr Mercado”, que é quen vixía con lupa e dirixe o pulso político no
estado español.
14/9/2010
Desenvolveron unha nova concentración diante da tenda da compañía na Rúa Real
As 20 traballadoras despedidas da firma téxtil Kina Fernández mediante un ERE de extinción concentráronse este mediodía diante da tenda que a compañía posúe na céntrica rúa coruñesa da Rúa Real para esixir á empresaria o pagamento das débedas económicas que aínda mantén con elas. Ademais, coa protesta tamén querían dar a coñecer as múltiples irregularidades que a empresa está a acometer en materia de contratación no taller situado no Polígono de Agrela.
13/9/2010
As empregadas afectadas pola regulación convocan unha nova mobilización o martes 14 de setembro, ás 12 horas, diante da tenda da firma na Rúa Real
A CIG quere denunciar as múltiples irregularidades que a empresa do téxtil Kina Fernández está a cometer. A compañía, logo de executar un ERE de extinción para 20 traballadoras, está a contratar persoal eventual que, curiosamente, presta os seus servizos unha vez rematada a xornada laboral do persoal fixo da empresa. Este persoal eventual, contratado en fraude de lei, dedícase a pasar o ferro e a todas aquelas tarefas relacionadas coa preparación do desfile da firma para a Fashion Week, o vindeiro 23 de setembro.
25/3/2010
Tiveron impago de salarios e estiveron cobrando por baixo do Convenio
O luns 25 de marzo ás 11.30 da mañá tivo lugar unha rolda de prensa da que participaron o secretario comarcal de Organización da CIG, Anxo Iglesias, a secretaria comarcal da CIG-Servizos, Tránsito Fernández, e os dous traballadores inmigrantes e denunciantes neste caso.
30/12/2009
Esta nova infracción engádese á sanción ao ente público a causa da cesión ilegal dun traballador da USC
A Inspección de Traballo declarou en fraude de lei a contratación, na modalidade de interinidade en vacante, da xefa de Programas da Radio Galega, Gloria Ferreiro. Segundo a autoridade laboral, Ferreiro foi contratada para coordinar os programas e os locutores que presentan os mesmos e estas funcións non coinciden coas de locutora de radio sinaladas no contrato.
30/10/2009
A central critica o cinismo do PP e pide novamente ao presidente da Xunta o cese “fulminante” de Ana Díaz
A CIG exixiu á Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta que retire de xeito inmediato a denuncia penal que ten presentada contra a traballadora que denunciou a súa situación laboral e á que a familia deste cargo público tiña ocupada sen contrato e sen dar de alta na Seguranza Social. A central critica a actitude do Presidente da Xunta diante deste ataque aos dereitos dos traballadores e traballadoras e reitera a petición de cese no seu cargo da Directora Xeral.