9/9/2011
Critica a falta de atención xinecolóxica e de enfermería, ao non cubrírense as ausencias
A Federación de Saúde da CIG vén de denunciar de novo o enquistamento dos problemas que padece o Centro de Orientación Familiar de Lugo, sen que até o momento as distintas Xerencias teñan actuado para corrixir as deficiencias que presenta o servizo. Esta situación, aseguran, ten provocado que o número de embarazos non desexados e interrupcións voluntarias do mesmo (por falta xeneralizada de atención xinecolóxica, dende o 2007) acadase niveis similares aos da área sanitaria de Vigo, a pesar das diferenzas no número de poboación.
1/9/2010
As usuarias teñen que padecer reiteradas ausencias de profesionais e o atraso constante nas citas médicas
A CIG-Saúde de Lugo vén de dar a coñecer publicamente as deficiencias do Centro de Orientación Familiar da cidade trasladadas á central sindical por numerosas usuarias deste servizo. Entre outras cuestións, a CIG recibiu queixas a respecto da ausencia reiterada do/a xinecólogo, aprazamento das citas médicas ou a inexistencia de protocolo de actuación para dar cumprimento a lei de saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.
21/6/2010
A Iniciativa Lexislativa, claramente antiabortista, será debatida o vindeiro 22 de xuño no Parlamento de Galiza
A Secretaría da Muller da CIG vén de denunciar o carácter regresivo e o recorte de dereitos que supón a Iniciativa Lexislativa Popular pola que se estabelece e regula unha rede de apoio a muller embaraza, que será debatida o martes 22 de xuño no Parlamento de Galiza. A CIG considera que con este tipo de propostas preténdese conseguir desde os poderes públicos “que as mulleres non exerzamos o noso dereito a decidir libre e informadamente sobre a nosa maternidade”.
15/5/2009
A Secretaría da Muller da CIG valora o recoñecemento que fai ao respecto do dereito de autodeterminación das mulleres
O 14 de maio aprobouse no seo do Consello de
Ministros/as o Anteproxecto de Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e
Saúde Sexual e Reprodutiva. Aínda que teremos que agardar varios meses de
trámites ate a súa aprobación final, desde a Secretaría da Muller queren
informar das principais novidades do texto fronte ao aprobado en 1985.