Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
ourense
3/5/2013 A central sindical contou tamén cun expositor informativo no Salón de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense
Preto de 100 delegados e delegadas participaron este ano na Xornada Formativa organizada no marco de Previsel, Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, en Ourense. Así mesmo a CIG contou cun expositor informativo no que foron atendidas as cuestións que formularon os/as visitantes á feira.
14/2/2013 Agardan que sexan declarados nulos e anuncian que haberá máis mobilizacións
En novembro de 2012, un mes despois das eleccións autonómicas, a Xunta de Galiza creaba unha nova estrutura ao aprobar a nova RPT na empresa pública AGADER polo que facía desaparecer 23 postos de traballo. As persoas que resultaban despedidas por mor desta modificación ‘casualmente’ gañaran, con anterioridade, xuízos por outras ilegalidades da Xunta. Hoxe celebrouse o primeiro dos xuízos nos xulgados de Ourense e a CIG convocou con este motivo unha concentración.
14/2/2013 Os dous afectados opuxéronse aos plans da empresa de precarizar as condicións laborais
Arredor de medio cento de traballadores/as e delegados/as da CIG concentráronse a semana pasada durante dúas horas diante do concesionario Ford Tomóvil en Ourense en solidariedade cos dous compañeiros despedidos no centro de traballo de Vigo por opoñerse á precarización das condicións laborais.
29/1/2013 O persoal non cobra os seus salarios dende outubro e agora a empresa pretende aplicar un ERE de extinción para 20 dos 37 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Amencer Reciclado continúan este martes co calendario de mobilizacións acordados en demanda do cobro dos atrasos salariais e contra do ERE de extinción que a empresa pretende aplicar para 20 dos seus 37 empregados/as. Este martes, día no que se cumpriu a cuarta xornada de folga, o persoal desenvolveu unha concentración diante da Casa de Chocolate, onde están as dependencias da Xunta en Ourense.
23/1/2013 Os dous delegados que se presentaron pola central nacionalista saíron reelixidos
A CIG-Metal volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Supervisión y Control (concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos), celebradas o pasado venres 11 de Xaneiro na ITV de Ourense, situada no Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar.
21/12/2012 Traballadores/as do sector e delegados/as da CIG volveron colapsar varias tendas para denunciar a actitude da patronal
Delegados/as sindicais e traballadores/as do comercio de alimentación da CIG de Pontevedra desenvolveron hoxe novas accións de protesta para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo. A mobilización, que ao igual que as levadas a cabo anteriormente en tendas de roupa noutros puntos do país consistiu en coller dos estantes gran cantidade de produtos para unha vez na caixa devolvelos, colapsou durante máis dunha hora un supermercado do centro da cidade. No caso de Ourense a protesta desenvolveuse o xoves nunha tenda de roupa do centro comercial Pontevella.
20/12/2012 Dende a CIG culpan a reforma laboral do PP e reclaman medidas que potencien os sectores produtivos básicos da economía ourensá
Nos 10 primeiros meses do ano produciuse un importante aumento dos Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentados en Ourense, o que podería deixar un novo record negativo de desemprego na provincia. Dende a CIG culpan a reforma laboral do PP e reclaman medidas que potencien os sectores produtivos básicos da economía ourensá para frear os despedimentos masivos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com