Lexislacion
O TSXG condena novamente á Xunta por vulnerar o dereito á folga
decretados para o Complexo Deportivo de Monterrei; CRTVG,
TVG e RAG, servizos de rexistros e
mantemento da consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza;
determinados servizos do ámbito de Xustiza; infraestruturas viarias; servizos
regulares e servizo especial para transporte de escolares e traballadores; transporte
de mercadorías para e desde estabelecementos sanitarios e servizos da consellaría
da Xunta en canto está en xogo un dereito fundamental e de forma reiterada a
xurisprudencia e criterio desta sala insistiu na carga de motivar”, é dicir,
xustificar as razóns polas que se decretan determinados mínimos cando se vai
negar o dereito a exercer un dereito fundamental como o de folga. Isto
A CIG denuncia que a lei 10/2012 pon prezo ao exercicio do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva
xustificación de Gallardón de que esta lei pretende ser disuasoria, a CIG denuncia
que do que se trata é dunha lei excluínte que provocará a renuncia dos cidadáns
a entaboar accións xudiciais en reclamación de dereitos individuais e
colectivos, polo simple feito de non ter os cartos necesarios para pagar, por
considera que con esta medida ponse en cuestión o propio sistema democrático,
ao pór prezo ao acceso a un dereito fundamental, como é o dereito á tutela
xudicial efectiva, do que só quedarán excluídas as persoas con moi escasos
concreto o sector de Xustiza da CIG-Administración denuncia ademais que alén de
impor esta inxusta medida, o PP aproveita a lei para “crucificar” máis ao
persoal público ao exixírenlles a representación e defensa en todas as accións
xudiciais en reclamación dos seus dereitos laborais e a imposición do dobre
pagamento, en decembro das contías por dereitos pasivos e mutualidades, malia
que logo, este e outros recortes de dereitos prantexados polo PP e defende o
mantemento dos servizos públicos e dun sistema social e de dereitos cada vez
máis en entredito por mor das medidas que se veñen adoptando só pretexto da
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende os mínimos en universidades e transportes de escolares e traballadores
sectores de actividade que eran obxecto da petición de suspensión cautelar dos
servizos mínimos, o TSXG dá a razón á CIG no relativo ás universidades
públicas, entendendo que non parece razoábel estabelecer que poida someterse ao
alumnado a exames durante a xornada de folga e, mesmo de ser así, deberíanse
limitar os servizos mínimos aos centros onde tales exames existan, e non
xeito, o TSXG suspende os servizos mínimos en materia de transportes especiais
de escolares e traballadores, declarando que resulta «desmedido e desproporcionado» e supón «unha clara conculcación do constitucional dereito de folga» que tales transportes funcionen a pleno rendemento
A Sala concede á Xunta un prazo até as 22:00 do día
de hoxe para que realice alegacións, en orde a establecer novos servizos
mínimos nos sectores de actividade en que foron suspendidos. En caso de non
facelo, universidades e transportes de escolares e traballadores operarán sen
O xulgado do social de Pontevedra desestima as demandas de Cándido Sartier contra a CIG
decisión da Comisión de Garantías da CIG de excluír a candidatura presentada
por Sartier, ao considerar probado que non respectou a cota de participación
feminina que os Estatutos da CIG estabelecen para favorecer a participación de
que esta resolución da Comisión de Garantías é correcta o xulgado rexeita tamén
o argumento de que tal decisión teña un propósito discriminatorio ou contrario
aos dereitos fundamentais derivado da posición que Cándido Sartier mantivo
publicamente, apoiando a construción dun novo hospital con financiamento
público-privado en Pontevedra fronte á ampliación do hospital existente en
Montecelo, mantendo a súa xestión pública, que é a posición que defende a
declara que o demandante mantivo a súa posición con total liberdade de opinión,
o que non é contraditorio coa apertura dun expediente disciplinario, “decisión
que en ningún momento pode cualificarse de vulneradora de dereitos fundamentais
a liberdade de opinión, nin a acción sindical pois a afiliación e estancia nun
A CIG reclámalle ao Estado español que transfira a Galiza todas as competencias en materia de augas
CIG considera imprescindíbel que Galiza conte con todas as
competencias no que respecta á xestión da auga e lembra o
solapamento territorial e competencia que existe na actualidade. Como
exemplo disto cita o feito de que “a pesca fluvial, agricultura,
xestión forestal ou conservación da natureza son competencia
exclusiva da comunidade autónoma, mentres que as augas o son do
Estado”, o que se traduce nun maior gasto público e incrementa os
trámites administrativos. A súa proposta pasa por reservarlle á
Confederación Hidrográfica a labor de coordinación entre as
dende a CIG critican que o Plan Hidrolóxico os cualifique como
“accidentes”, cando o seu elevado número (uns 9.000 ao ano)
recomenda que sexa tratados como “unha presión máis que debe de
ser avaliada e corrixida”. Neste senso, denuncian as limitacións
que a Confederación Hidrogáfica ten para xestionar a política forestal e a educación
xeito que se conformen uns cintos de seguridade que amortezan os
marxes dos ríos e regatos con especies pirófitas como o eucalipto
canon sobre o uso da auga -baseado no concepto de que a auga que
usamos ensúciase e polo tanto debe de ser tratada- a posición da
central fai fincapé na necesidade de redobrar esforzos “no camiño
de esixir a non contaminación das augas, para o que se incrementará
a vixilancia e o control das administracións”. Ao mesmo tempo,
aposta por ligar o canon coa produtividade xerada polo uso da auga,
pasan por que todas as persoas que desenvolvan as funcións
relacionadas co Plan Hidrolóxico sexan “persoal propio da
administración hidráulica transferida a Galiza, en espacial o
referente a inspección e vixilancia”. Finalmente, rexeitan a
externalización de tarefas como a toma de mostras nos puntos de
control ou estudo de bacías e solicitan “o axeitado
dimensionamento do cadro de persoal da Xunta de cara a cumprir os