3/6/2009
Dereitos dos/as electores e dos traballadores/as que formen parte das mesas electorais
Con motivo da convocatoria de eleccións ao
Parlamento Europeo o vindeiro domingo 7 de xuño e ao abeiro do estabelecido na
Lei orgánica do réxime electoral xeral, informamos do procedemento a seguir
polos traballadores e as traballadoras para a solicitude dos permisos
electorais. Así, reproducimos un resumo da Orde da Consellaría de Traballo e Benestar
regula o exercizo do direito ao voto das
persoas traballadoras por conta allea para as vindeiras eleccións, elaborado polos compañeiros/as da CIG de Verín.
19/5/2009
Evidénciase a identidade de intereses do PP e PSOE de acalar os discrepantes coas súas políticas represivas
A CIG manifesta o seu rexeitamento a que se impida presentarse ás Eleccións ao Parlamento Europeo á candidatura Iniciariva Internacionalista - A Solidariedade entre os pobos. Máis unha vez o Estado español e o goberno do PSOE, apoiándose na súa Lei de (ilegalización) de partidos políticos, utiliza os tribunais para excluír do sistema electoral unha candidatura, con argumentos dubidosos e intencións que reflicten métodos autoritarios e represivos diante da cuestión das nacións dependentes existentes no Estado español.