2/5/2011
Expresa a súa solidariedade tanto coas organizacións políticas que compoñen a coalición electoral, como cos milleiros de cidadáns vascos privados dos seus dereitos políticos fundamentais
Ante a decisión que na noite do pasado 1 de
maio se tomou pola maioría do Tribunal Supremo de anular as candidaturas da
coalición electoral vasca BILDU, e por tanto impedir a súa presentación ás
eleccións do vindeiro 22 de maio, a Confederación Intersindical Galega (CIG)
quere manifestar publicamente:
19/5/2009
Evidénciase a identidade de intereses do PP e PSOE de acalar os discrepantes coas súas políticas represivas
A CIG manifesta o seu rexeitamento a que se impida presentarse ás Eleccións ao Parlamento Europeo á candidatura Iniciariva Internacionalista - A Solidariedade entre os pobos. Máis unha vez o Estado español e o goberno do PSOE, apoiándose na súa Lei de (ilegalización) de partidos políticos, utiliza os tribunais para excluír do sistema electoral unha candidatura, con argumentos dubidosos e intencións que reflicten métodos autoritarios e represivos diante da cuestión das nacións dependentes existentes no Estado español.