marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
plataforma en defensa da sanidade pública
15/12/2009 Na véspera da folga de 24 horas nos centros sanitarios convocada por CIG-Saúde e SAE
09-12-15 Concentracións contratacións
Na véspera da folga convocada por CIG-Saúde e SAE na Sanidade Pública galega, os traballadores e as traballadoras desenvolveron unha nova concentración nos hospitais de todo o País na defensa dos acordos asinados e publicados. A mobilización enmárcase dentro do calendario de protestas que está a levar adiante a plataforma sindical unitaria, que este mércores manterá unha xuntanza para estudar a posibilidade de realizar novas concentracións.
1/12/2009 Como único garante dunha asistencia sanitaria de calidade
A pasada fin de semana quedaba constituída formalmente a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos, conformada por veciños/as e organizacións de distintos ámbitos, entre as que se atopa a CIG-Saúde. Dende a Plataforma, que vén sumar as súas reivindicacións ás plataformas de O Barco e Burela, reclámase o mantemento da Área de Saúde de Monforte como único medio para asegurar “unha calidade digna da asistencia sanitaria” da poboación de referencia.
3/11/2009 O xoves continuarán as protestas os traballadores/as dos centros da provincia de Pontevedra e Ourense
09-11-03 Peches hospitais-Ferrol
Logo do éxito da manifestación do pasado 28 de outubro en Compostela e diante da negativa do Sergas a mudar a súa posición, os traballadores e as traballadoras da sanidade acordaron iniciar peches de 24 horas nos distintos hospitais do País para exixir a convocatoria dunha Mesa Sectorial con capacidade negociadora, para tratar sobre a suspensión dos acordos en materia retributiva e a suspensións dos plans de Mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental. Os martes 3 e 10 de novembro tócalle a quenda aos centros das provincias de A Coruña e Lugo, mentres que os xoves 5 e 12 será o persoal dos hospitais de Pontevedra e Ourense quen leve a cabo a protesta.
30/10/2009 Multitudinaria mobilización contra a entrada da financiación e xestión privada na construción do novo hospital para esta área sanitaria
20091029novohospitalI
Ás 20:15h do xoves 29 de outubro, partiu dende o cruce de Gran Vía con Urzaiz a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para esixir que o novo hospital de Vigo sexa executado e financiado de forma totalmente pública. Mais de 15.000 de persoas que percorreron o traxecto berraron consignas en contra de que a sanidade pública se converta nun negocio. A cidadanía viguesa deixou claro que non quere hipotecar a sanidade pública e que se deteriore a calidade sanitaria dun área que sempre foi esquecida en recursos sanitarios. "A privatización da xestión do novo hospital significa menos recursos humanos, menos contratacións, máis precariedade de servizos e un empeoramento da asistencia sanitaria porque os beneficios empresariais van primar sobre o interese público. Estes días xogámonos o futuro da sanidade pública. Se non conseguimos pararlle os pes ao PP, privatizará a sanidade pública; logo será demasiado tarde", lembraban os convocantes desta mobilización.
30/9/2009 O lema escollido é: "A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"
20090929roldahospital
O martes 30 de setembro tivo lugar unha rolda de prensa no local da Federación de Asociacións de Veciños/as Eduardo Chao para presentar a mobilización que o vindeiro 29 de outubro percorrerá as rúas de Vigo baixo o lema: “A privatización prexudica a túa saúde. Hospital público xa”. Ademais nesta comparecencia diante dos medios de comunicación analizouse a visita da Conselleira de Sanidade na xornada anterior, “que o que pretendía é confundir e desmobilizar”.
19/5/2009 O colectivo, do que forma parte a central, reclama ao goberno comprimisos firmes para garantir o carácter público do sistema
logo SERGAS
A Executiva Confederal da CIG vén de comunicar o seu apoio ao acordo achegado pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública Galega a prol da defensa do carácter público do sistema sanitario. A plataforma, da que forma parte a central, reclama ao novo goberno que negocie un cambio no modelo de financiamento sanitario de Galiza que garanta “a suficiencia financeira”, así como o inicio das obras dos novos hospitais das grandes áreas e a mellora dos centros xa existentes.