Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
plataforma en defensa da sanidade pública
21/12/2011 Ergueron carteis contra a privatización e os recortes e repartiron un “kit” de supervivencia hospitalaria entre os deputados/as, con útiles de aseo e comida
A Plataforma “SOS Sanidade Pública”, que aglutina a todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública constituídas nas diferentes áreas sanitarias, convocou na tarde deste mércores, coincidindo co debate dos orzamentos, unha concentración diante do Parlamento de Galiza. Mentres representantes das numerosas plataformas do país denunciaban que “O público é servizo, o privado beneficio” fronte o edificio do Hórreo, no interior, membros desta plataforma levantaban carteis en defensa do sistema público e contra as privatizacións. Entre os aplausos dos deputados e deputadas da oposición, a presidenta do Parlamento os expulsaba do pleno.
5/10/2011 Terá lugar o venres día 7 de outubro ás 20:30 horas, con saída da Casa do Mar en Vilagarcía
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, na que está integrada a CIG, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro venres día 7 de outubro, ás 20:30 horas, en Vilagarcía, baixo o lema “O Salnés: Área Sanitaria propia. Non ao desmantelamento do Hospital”.
5/8/2011 CIG-Saúde denuncia que a consellaría aproveitou o mes de agosto para sacalos, sen previa información ás partes interesadas
CIG-Saúde vén de denunciar que a consellaría de Sanidade acaba de publicar no DOG deste venres os decretos de xestión integrada de Pontevedra-Salnés e Ourense-Verín-O Barco, aproveitando que estamos en período estival e sen informar previamente nin á poboación, nin aos traballadores/as, nin aos seus lexítimos representantes. Para a CIG-Saúde o único obxectivo que se pretende con esta decisión, é afastar as tomas de decisión dos centros sanitarios sen ter en conta as repercusión que isto terá para a poboación e sen atender ningunha das reclamacións feitas polas distintas plataformas en defensa da sanidade pública.
19/5/2011 O SERGAS está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza presentou esta mañá, no rexistro do SERGAS, en Santiago de Compostela, un total de 7.388 sinaturas en contra da privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza. A Plataforma denuncia que o SERGAS está estudando que pase a xestionalo FRIAT, unha fundación privada que xa xestiona o servizo no hospital de Verín.
15/4/2011 Máis de 2000 persoas participaron na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
As rúas de Ribeira foron este xoves 14 de abril escenario dunha manifestación promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública contra a privatización do servizo de diálise do hospital Público do Barbanza. Veciños de distintos puntos da comarca sumáronse á convocatoria logo de saberse que a consellaría de Sanidade está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión. A Plataforma xa anunciou que continuarán as mobilizacións.
15/10/2010 Convocada por “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas comarcais, a COGAVE, CIG, CCOO, UGT, BNG e PSOE
Este venres, 15 de outubro, presentouse en Compostela a Plataforma “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública comarcais, a Confederación de Asociacións Veciñais (COGAVE), as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e as organizacións políticas BNG e PSOE. Alén de denunciar o grave deterioro do sistema sanitario público galego, a plataforma alertou do perigo real de privatización que hai nestes momentos, diante das políticas que se están a pór en marcha desde a Xunta de Galiza. Por iso, fíxose un chamamento a participar masivamente na manifestación nacional convocada en Compostela o vindeiro 21 de novembro.
28/6/2010 A Plataforma rexeita o novo modelo de organización do sistema sanitario que pretende implantar a Xunta
Miles de persoas marcharon polas rúas de Burela o pasado sábado 26 de xuño, nunha nova e exitosa mobilización en defensa da sanidade pública e da autonomía das áreas sanitarias. A pesar da rotunda oposición amosada polo PP á convocatoria e os seus intentos desmobilizadores, unhas 8.000 persoas trasladaron ás rúas o seu rexeitamento á política sanitaria do goberno da Xunta, baseada nas privatizacións, desmantelamento de servizos e a supresión da capacidade de xestión das áreas periféricas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com