25/9/2009
A Unión Local insta ao responsábel político a asumir as responsabilidades da Xunta
A Unión Local da CIG de Monterrei-A Limia amosou o seu rexeitamento ás declaracións realizadas nun medio de comunicación polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense, nas que culpa ao persoal docente das eivas e malas xestión da Consellaría de Educación.
25/9/2009
Dende a Federación denúnciase a actitude "despótica e caciquil" do responsábel político
A CIG-Administración Pública vén de dar a coñecer a “actitude despótica e caciquil” do delegado territorial da Xunta de Galiza en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, quen logo de ignorar a solicitude de reunión cos representantes dos/as empregados/as públicos, enviou a unha xuntanza a unha subordinada sen capacidade de decisión. Ademais, lamentan a inhibición do superdelegado á hora de loitar pola apertura da Escola Infantil de Campolongo.
14/9/2009
A empresa incrementou dende xullo a 50 operarios/as a categoría profesional, tal e como reclaman o Comité e a CIG
Tras máis dun mes de ter solicitado unha entrevista “urxente” co Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Ourense, co obxecto de tratar o asunto da paralización unilateral do 33% da actividade da Vidreira do Atlántico, sen autorización administrativa e sen negociación co Comité de Empresa; o máximo responsábel do goberno galego en Ourense “concedeu ao Comité de Empresa a entrevista requirida, para celebrarse o próximo día 15 de setembro, ás 9:00 horas da mañá na sede da Delegación Territorial.
1/7/2009
A CIG-Autonómica de Ourense anuncia que vai presentar denuncia contra a Consellaría de Presidencia
A Xunta de Galiza vén de despedir a unha traballadora do servizo de limpeza da Consellaría de Presidencia en Ourense por ausentarse do seu traballo para levar a urxencias a súa filla enferma. Dende a CIG-Autonómica denunciaron uns feitos “inauditos” que vulneran os dereitos dos traballadores/as recollidos no Estatuto do empregado público, na Lei da Función Pública e no convenio colectivo de aplicación. Así mesmo, xa adiantaron que presentarán denuncia contra a Consellaría por despedimento improcedente.
11/6/2009
O representante da administración comprometeuse a trasladar á dirección da empresa a proposta presentada pola central
Membros do Comité e representantes da CIG-Verín
mantiveron na mañá do 10 de xuño unha reunión-mediación co “superdelegado” da
Xunta en Ourense para tentar buscar unha saída ao conflito que se vive na
Vidreira do Atlántico dende o ano pasado. Dende a CIG valoraron “positivamente”
o encontro, aínda que matizaron que a mediación entra dentro das funcións do
delegado da administración, ao tempo que subliñaron que a dirección da empresa
continúa a incumprir a súa obriga de negociar.
9/6/2009
A CIG-Mar critica que a administración non sexa quen de achegar alternativas ao peche da planta de elaborados
O persoal de Galfrío volveu protagonizar unha
nova acción na mañá do martes 9 de xuño en contra do expediente de regulación
na planta de elaborados de Marín e para reclamar á administración a busca de socios
que se fagan cargo da planta de elaborados, permitindo deste xeito o mantemento
dos postos de traballo. Desta volta pecháronse novamente na delegación da Xunta
en Pontevedra onde o se lles comunicou que a administración non atopa alternativas
para evitar o peche da fábrica.
5/6/2009
A empresa pechou a planta de elaborados que posúe en Marín, deixando na rúa a 55 operarios/as
As/os traballadoras/es de Galfrío pecháronse na mañá do venres 5 de xuño na cuarta planta do edificio administrativo da Xunta en Vigo para reclamar a administración que promova unha reunión entre a empresa, o Comité e o IGAPE coa obxecto de buscar novos socios e evitar deste xeito o despedimento de 55 operarios da planta de elaborados de Marín.