14/5/2012
Convocada polo Comité Intercentros e polos catro comités provinciais de Traballo e Benestar
Traballadoras e traballadores dos centros públicos de
Benestar percorreron o pasado venres Compostela, desde a Cidade da Cultura até o edificio
administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, nun longo traxecto polo
centro da cidade, en defensa destes servizos. Con esta marcha, convocada polo Comité Intercentros e os catro comités provinciais de Traballo e
Benestar, exixiron responsabilidades pola política de desmantelamento dos
servizos públicos e a amortización de postos de traballo.
25/4/2012
Considera que o Real Decreto responde a principios ideolóxicos da dereita máis reaccionaria que entende a sanidade como beneficencia e non como un dereito universal
O Real Decreto Lei de medidas urxentes para
garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde desmantela, segundo
denuncia CIG-Saúde, o sistema sanitario público, elimina a universalidade da
prestación sanitaria e principios básicos como a promoción da saúde, a
prevención o tratamento e a rehabilitación, agravando os problemas de saúde
pública. A isto engade que o Partido Popular, respondendo a principios
ideolóxicos reaccionarios estabelece criterios discriminatorios dificultando o
acceso a prestacións e medicamentos ás persoas, en función da súa renda ou da
súa condición de asegurado/a, concibindo a sanidade como beneficencia e non
como un dereito, co obxectivo de obrigar aos usuarios/as a recorrer a seguros
privados para cubrir aqueles servizos que queden excluídos do catálogo de
prestacións na sanidade pública.
4/4/2012
A Consellería de Traballo vén de anunciar 70 novos despedimentos na Área de Benestar
A Consellaría de Traballo e Benestar vén de presentar a súa proposta de eliminar 70 postos de traballo ante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as. Segue así a política da Xunta de desmantelar progresiva e sistematicamente os servizos públicos da Área de Benestar, algo que semella ter un especial atractivo de negocio para algunhas empresas que se fan cargo dos servizos a cargo do erario público con inxección de subvencións millonarias.
14/12/2011
A xerente da Fundación recomenda aos traballadores/as subscribir un seguro médico privado
A sección sindical da CIG da Fundación para o Fomento da
Calidade Industrial de Galiza vén de denunciar a comunicación de despedimento
de cinco investigadores que desenvolvían proxectos de I+D no ámbito forestal,
industrial e tecnolóxico en Ourense, que se suman á longa lista de parados nun
sector estratéxico para Galiza. Xunto a isto denuncian que a xerente da
Fundación asume agora o papel de “axente comercial” e recomenda aos
traballadores/as que subscriban un seguro médico privado despois de eliminar o
Fondo de Acción Social.
14/6/2011
O persoal, co que a empresa mantén unha débeda económica, atópase sen ocupación porque o dono desvía os clientes a outras lavanderías da zona
Os traballadores e traballadoras de Lavandería La Espuma, situada no Polígono da Grela, queren chamar a atención sobre a situación de total indefensión na que se atopan nestes momentos. O persoal, que ten denunciado ao empresario por un posíbel delito de estafa no Xulgado do Penal, acode aos seus postos a diario mais permanece sen carga de traballo efectiva, xa que o propietario está desviando os clientes a outras lavanderías e comunicándolles o presunto peche do negocio.
18/3/2011
Rexeita o argumento da deficiente situación económica da cementeira e asegura que o grupo está desviando da carga de traballo a outras factorías
A Federación de Construción e Madeira (FCM) da CIG acusou en rolda de prensa ao Grupo Cimpor de estar levando a cabo un proceso de desmantelamento da fábrica de cementos Materiales del Atlántico, S.A., situada no Concello de Narón, que acaba de anunciar o peche das instalacións para o vindeiro mes de maio. Dende a FCM da CIG negaron unha suposta situación de crise económica na empresa, xa que, segundo testemuñan, Matsa obtivo un resultados económicos positivos durante os últimos anos e o volume de vendas medrou de xeito continuado. O peche da fábrica deixaría na rúa a un cen traballadores e traballadoras.
11/3/2011
Mantiveron un encontro coa Fundación Galega contra o Narcotráfico e co grupo popular para expor as necesidades materiais e humanas do SVA
Os/as delegados/as da Confederación Intersindical Galega na Axencia Tributaria alertaron das consecuencias que terá o progresivo desmantelamento do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galiza, e que podería provocar un repunte do narcotráfico nas nosas costas.