Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Arsenal Militar
25/5/2010 CIG-Servizos reclama á empresa concesionaria PQM que faga fronte aos pagos coa máxima rapidez
A CIG-Servizos denunciou a situación na que se atopan os traballadores e as traballadoras de PQM, concesionaria dos servizos de hostalería do Arsenal Militar de Ferrol, aos que a empresa lles debe os salarios de marzo e abril. A situación vén repetir a imaxe dos últimos anos cando a anterior concesionaria, Los Lebreros, procedía sistematicamente ao impagamentos das nóminas.
3/7/2009 A empresa rematou a contrata que tiña para o servizo de hostelaría do Arsenal Militar
A CIG-Servizos de Ferrol vén de denunciar publicamente que os nove traballadores de Los Lebreros destinados ao servizo de hostelaría do Arsenal Militar teñen quedado sen emprego e sen cobrar as tres últimas nóminas, logo de que rematese a contrata do Ministerio de Defensa coa empresa gaditana. Dende a CIG reclámase á administración que achegue unha solución, xa que era coñecedora das prácticas da compañía, así como da situación que padecían os traballadores/as.
1/6/2009 A dirección comprometeuse a pagar as mensualidades de abril antes do 5 de xuño
Os traballadores e traballadoras da Los Lebreros S.L. decidiron desconvocar a folga que se viña desenvolvendo nos servizos do Arsenal Militar de Ferrol, logo de que a dirección da empresa se comprometese a abonar antes do 5 de xuño as mensualidades adebedadas dende abril e a garantir o pago dos salarios de maio. Dende a CIG-Servizos de Ferrol sinalaron que van vixiar o cumprimento do acordo, que cualificaron de “mal menor”.
28/5/2009 Ocúpanse dos servizos de hostalería. mantemento e limpeza do Arsenal Militar de Ferrol
Os traballadores e traballadoras de Los Lebreros continúan a folga convocada no Arsenal Militar de Ferrol para exixir o pago das mensualidades atrasadas. O persoal, que atende os servizos de cafetaría e limpeza do edificio militar, levan sen cobrar dende o mes de abril e denuncian que están a padecer unha “enorme precariedade laboral”. A folga convocada para os días 27, 28 e 29 de maio está sendo secundada de xeito maioritario e acompañada de concentracións de mañá e tarde diante do Arsenal.
20/5/2009 Reclaman o pago dos atrasos salariais e denuncian a precariedade laboral que padecen
Uns 50 traballadores e traballadoras da empresa de servizos de hostalería e limpeza Los Lebreros concentráronse diante das instalacións do Arsenal Militar de Ferrol para reclamar o pagamento da nómina de abril e contra a precariedade laboral que están a padecer. A empresa, subcontratada polo Ministerio de Defensa, atende os servizos de cafetería e limpeza do recinto militar e leva xa dous meses de atraso, aducindo problemas de liquidez.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com