Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
despedimentos
17/5/2013 Nese intre celebrábase o Consello da Xunta
Coincidindo coa celebración do Consello da Xunta e tras da publicación no DOG da nova RPT pola que se despedía a 59 traballadores e traballadoras da Administración pública, as organización sindicais con representación na  Mesa Xeral de Emprego Público de Galiza convocaban concentracións diante dos principais edificios administrativos para manifestar a súa oposición ás amortizacións, destrución de emprego e consecuente deterioro dos servizos públicos.
16/5/2013 A FGAMT-CIG de Lugo denuncia as manobras da empresa para se desfacer do persoal con máis antigüidade
A CIG de Lugo realizou este xoves unha concentración solidaria cos sete traballadores/as despedidos da Panadería Bollería Majufer, aos que a empresa aínda non abonou as contías correspondentes á liquidación e a indemnización, “obrigando así ao persoal a recorrer a vía xudicial para conseguir o pagamento dos seus salarios”.
16/5/2013 Publica un video “retrógrado” no seu web para vender a necesidade dos recortes coincidindo coa publicación no DOG da nova Relación de Postos de Traballo
Coindindo coa campaña propagandística da Xunta de Galiza, que aproveitou o Día da Familia, 15 de maio,  para xustificar os recortes cun video propagandístico no que unha familia tradicional (o modelo de familia galega do Partido Popular) non gasta máis do que ten, publicábase no DOG a RPT pola que a consellaría de Traballo e Benestar despide a 59 traballadoras e traballadores da administración pública. “59 familias que se van á cola do paro”, denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración.
15/5/2013 A decisión da compañía de enerxía de eliminar Unión Fenosa Comercial imposibilitará a atención ao cliente en galego
Ante a decisión de Gas Natural Fenosa de eliminar a comercializadora Unión Fenosa Comercial, provocando que o servizo de atención ao cliente que se viña prestando na empresa Teleperformance da Coruña sexa eliminado dende o vindeiro 1 de Xuño de 2013, cos conseguintes despedimentos, dende a Sección Sindical da CIG fixeron as seguintes aclaracións:
14/5/2013 O xoves o persoal está chamado a secundar unha folga parcial e unha manifestación até as oficinas de atención presencial de Gas Natural
Traballadores e traballadoras de Teleperformance concentráronse a primeira hora desta tarde diante das instalacións da empresa no Polígono da Grela para esixir a readmisión das compañeiras/os despedidas/os e a paralización dos despedimentos executados noutras campañas, iniciados logo da decisión de Gas Natural Fenosa de eliminar a atención o cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial dende A Coruña. Un servizo que até agora atendían 105 traballadores/as.
14/5/2013 Denunciaron ademais os “alarmantes” aspectos regresivos que se introducen coa Lei de Emprego Público que pretende aprobar o partido Popular
Empregados e empregadas da Xunta de Galiza concentrábanse na mañá deste martes en San Caetano para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego público que esta semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a modificación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza. Na mobilización, convocada polas centrais sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza denunciáronse tamén as consecuencias que, nas condicións laborais do persoal das administracións públicas de Galiza, terá a Lei de Emprego Público que pretende aprobar o Partido Popular.
13/5/2013 Convocan as organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza, ás 12:00 horas, na explanada da cafetería
As catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público (CIG, CCOO, UGT e CSIF) convocan unha concentración, este martes, día 14 de maio, ás 12:00 horas, na explanada da cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego público que esta semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a modificación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com