17/11/2010
O persoal leva 22 meses de regulación sen que a empresa teña achegado a documentación precisa nin acreditado o cumprimento dos obxectivos
A CIG de A Mariña vén de denunciar a situación que se está a vivir en Materiales Cerámicos (Gres Burela), diante da presentación do cuarto ERE de suspensión consecutivo. Dende a central rexéitanse os argumentos esgrimidos pola empresa para levar adiante esta “cadea de despropósitos” e lémbrase que compañía nin achegou a documentación precisa nin ten acreditado o cumprimento dos obxectivos marcados en cada unha das regulacións.
25/10/2010
Reclaman a equiparación da súa xornada á do Grupo E do Sergas
As traballadoras e traballadores de limpeza no Hospital da Costa de Burela veñen de anunciar o inmediato comezo de mobilizacións, ante a falta de acordo con SAMYL.SL, empresa adxudicataria do servizo neste centro, na negociación dun novo Convenio Colectivo. Dende a CIG-Servizos de A Mariña subliñan que o desencontro non é económico, senón social, xa que o persoal reclama a equiparación da súa xornada á do grupo E do Sergas, como xa ocorre no resto dos centros hospitalarios do país.
28/6/2010
A Plataforma rexeita o novo modelo de organización do sistema sanitario que pretende implantar a Xunta
Miles de persoas marcharon polas rúas de Burela o pasado sábado 26 de xuño, nunha nova e exitosa mobilización en defensa da sanidade pública e da autonomía das áreas sanitarias. A pesar da rotunda oposición amosada polo PP á convocatoria e os seus intentos desmobilizadores, unhas 8.000 persoas trasladaron ás rúas o seu rexeitamento á política sanitaria do goberno da Xunta, baseada nas privatizacións, desmantelamento de servizos e a supresión da capacidade de xestión das áreas periféricas.
22/6/2010
A marcha sairá ás 12:00 horas dende o Hospital de Burela
A Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña ten convocado para o próximo sábado día 26 de xuño unha manifestación en defensa da área sanitaria, que sairá ás 12 horas do Hospital de Burela. Coa marcha, que da continuidade ás mobilizacións que se están a levar a cabo en todo o País en contra das políticas de privatización da sanidade pública que o goberno da Xunta está a implantar, quérese denunciar o novo modelo de organización do sistema sanitario, co que se pretende centralizar os servizos nas grandes cidades, e que xa está a provocar un grave deterioro na cualidade asistencial da comarca.
24/9/2009
A CIG-Saúde de A Mariña anima á creación dunha plataforma cidadá na defensa dunha sanidade de calidade para a comarca
O persoal do Hospital da Costa de Burela iniciou as mobilizacións en defensa da área sanitaria de A Mariña, logo do anuncio da Consellaría de integrar este centro nunha área de xestión con carácter provincial. Promovida pola CIG-Saúde, ducias de traballadores/as do hospital participaron nunha mobilización na mañá do 23 de setembro en contra dunha “sanidade de segunda” para a comarca.
3/7/2009
Os empregados denunciaran que padecían "acoso laboral" por defender o uso do galego no seu traballo
Os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que o pasado mes de maio denunciaran publicamente a situación de “acoso laboral” e “discriminación” que padecían por, entroutros, reclamaren “o seu dereito ao uso do galego no exercicio das súas funcións”, fixeron público na mañá do 3 de xuño un informe emitido pola Avogacía do Estado que “respalda xuridicamente” as súas demandas e demostra que estas “entran no marco da legalidade vixente”.
26/5/2009
Un traballador faleceu o pasado venres 22 de maio ao caer da estada dunha obra
Como ven sendo habitual sempre que ten lugar na comarca de A Mariña un fatídico accidente laboral que remata coa morte dun traballador/a, e con motivo do lamentábel suceso acaecido o pasado venres 22 de maio nunha obra do Concello de Burela, que lle custou a vida ao traballador da construción J.G.B., de 43 anos de idade, a CIG-A Mariña levou a cabo unha concentración silenciosa en mostra de solidariedade co finado, a súa familia e os seus compañeiros/as de traballo.