24/9/2010
Esta actitude será posta en coñecemento do Subdelegado do Goberno por considerar que atenta contra o dereito á liberdade de expresión
A CIG de Ourense manifesta a súa repulsa pola actuación da policía nacional que procedeu a identificar a catro militantes da CIG na noite do xoves cando procedían a colocar nas rúas chamando a secundar a convocatoria de Folga Xeral do 29 de setembro.
9/3/2010
O Secretario nacional de Servizos, Paulo Rubido, tamén foi identificado por “ser susceptíbel” de ter cometido algún delito
A CIG amosa a súa máis enérxica repulsa á detención ilegal do Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueiro, quen na tarde deste martes foi conducido á Xefatura Superior de Policía, retido e fichado, sen que en ningún momento se lle explicasen as razóns de tal actuación. Así mesmo, a policía procedeu á identificación de dous delegados desta central que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso. A CIG denuncia este violación dos dereitos fundamentais e á persecución a que está sendo sometida a central sindical.
17/11/2009
A policía prohibiu entrar no servizo administrativo a calquera persoa que non figurase na lista de persoal
A CIG quere denunciar a actitude represiva mostrada na tarde deste martes pola Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza, quen non dubidou en recorrer á policía para impedir o desenvolvemento dunha acción de protesta dos traballadores/as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na sede deste organismo. Os axentes impediron a entrada de calquera persoa allea ao propio Consorcio, incluíndo á cidadanía, que non puido realizar ningunha xestión neste servizo administrativo.
29/5/2009
A central rexeita rotundamente a súa detención durante máis de 48 horas e lembra que está libre e sen acusacións
A CIG reclamou na
mañá do 29 de maio o arquivo inmediato da dilixencias abertas á compañeira Laura Bugallo e rexeitou de xeito
rotundo a súa retención “durante máis de 48 horas sen acusación real” contra
dela e “por cuestións que en ningún caso suporían delicto”. Dende a central
destacouse a importante labor e a integridade da compañeira Laura Bugallo,
tanto desenvolta na central como nos diferentes movementos asociativos nos que
participa activamente.