9/10/2012
A CIG denuncia que as traballadoras e traballadores están padecendo represalias por ter participado nas mobilizacións
As traballadoras e
traballadores de Campiñas de Laíño, Refojo y González e Hipescar acordaron en
asemblea reanudar a folga indefinida que, no mes de xuño, se suspendera polo
compromiso das empresas de chegar a unha solución pactada. Denuncian que o grupo
de empresas incumpriu ese compromiso e que, ademais, a partir dese momento
aumentaron as represalias en forma de atrasos nos pagamentos das nóminas
daqueles que secundaran a folga, eliminación das dietas por desprazamento aos
traballadores de reparto, traslados de postos de traballo e despedimentos.
28/9/2012
A firma de telecomunicacións está a adoptar “medidas de reorganización” negativas para o país
A sección sindical da CIG en
Telefónica aproveitou a presenza en Galiza do presidente da
compañía, Luís Miguel Gilpérez, para lembrar que as últimas
“medidas de reorganización” adoptadas pola empresa repercutirán
moi negativamente no noso país. Os empregados/as fixeron coincidir
novas mobilizacións en defensa do emprego coa visita do máximo
responsábel de Telefónica ás instalacións da firma de
telecomunicacións no noso país.
27/4/2012
Xa celebraron varias concentracións diante dos despachos
Representantes da CIG xunto co persoal
despedido comezaron a mobilizarse para
reclamar a súa readmisión na empresa compostelá Moure Pan S.L. A panadería
despediu a dúas traballadoras e un traballador amparándose na nova reforma
laboral, por negárense a traballar gratis os domingos e as horas extra. Na
concentración celebrada este xoves, diante do despacho de Basquiños¸ os
propietarios requiriron a presenza policial por mor do ruído do megáfono.
20/4/2012
O empresario despide a tres traballadoras/es por reclamar os seus dereitos
Sen vacacións, sen
descansos semanais, con atrasos nos cobros da nóminas e con horarios que
superan en moito as 80 horas extras anuais a xornada laboral legal vixente no
sector, segundo a propia Inspección de Traballo, as traballadoras e
traballadores de Moure Pan S.L. decidiron reclamar da empresa o respecto aos
seus dereitos. Ante esa situación, a empresa botou man da reforma laboral e,
amparándose en supostas perdas, despediu a tres traballadores que curiosamente
foron xa substituídos por outros tres.
8/2/2012
Require do concello e de TUSSA que se vixíe o estrito cumprimento da lexislación laboral, do prego de condicións e do contrato
A CIG de TRALUSA (empresa adxudicataria do
transporte urbano de Compostela) denuncia que a reestruturación das liñas do
transporte urbano vai favorecer a amortización de 5 cinco postos de traballo. Os
representantes da central sindical denuncian tamén que esta reestruturación supón
a ampliación dos traxectos, en varias das liñas, sen que se modifiquen as
frecuencias, o que imposibilita, na práctica, o cumprimento das mesmas. Para a
CIG é inadmisíbel que, para cumprir os horarios, se lle estea requirindo aos traballadores
que fagan o que sexa necesario.
10/12/2010
Os antigos empregados da empresa viguesa ex propietaria das marcas serán indemnizados e iniciarán en breve os contactos para a venta das mesmas
Un xuíz de Palencia ordenou o
precintado da fábrica onde a familia Ruiz Mateos viña elaborando os
chocolates La Perfección e Viso,despois de que o Tribunal Supremo
rexeitase o recurso de casación interposto pola empresa contra a
decisión da Audiencia Provincial de Madrid que sinala aos antigos
traballadores/es da compañía viguesa que creou as marcas como
lexítimos propietarios das mesmas. A sentenza, que tamén fixa unha
indemnización, chega cando os ex empregados da compañía comezan os
contactos para vender as marcas.
23/9/2010
Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca,
Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para
anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións
sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma
ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.