Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
hospital
26/2/2010 Até o momento recolléronse máis de 15.000 sinaturas contra o peche deste centro asistencial
O persoal da Cruz Vermella de Vigo entregou o venres 26 de febreiro mais de oito mil sinaturas na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo en protesta polo peche do centro asistencial. Estas sinaturas somadas ás mais de seis mil apresentadas anteriormente suman un total de case quince mil recollidas ata o momento.
9/2/2010 O 5 e o 8 de Febreiro houbo novas concentracións contra estes setenta despedimentos
Cortes de tránsito en Beiramar, concentracións e moito ruido para chamar á atención do que está a acontecer no hospital da Cruz Vermella de Vigo, iso é o que están a facer as traballadoras e traballadores deste hospital, asi como as centrais sindicais. O 8 de febreiro tivo lugar a primeira reunión sobre o ERE de extinción dos 70 contratos deste hospital e despois de tres horas de reunión non se chegou a ningún acordo, mentres se está a desmantelar pola via dos feitos este hospital co traslado dos pacientes a outros hospitais de fóra de Vigo, co transtorno para a súa saúde e os problemas que supón isto para as súas familias.
3/2/2010 A entidade argumenta perdas económicas continuadas, mentres que o Comité advirte que vai dar a batalla polo emprego e o servizo
Cruz Vermella vén de anunciar un ERE extintivo para os 70 traballadores/as que na actualidade se ocupan do hospital que a organización ten en Vigo, o único destas características en toda Galiza. A decisión, que afectará tamén aos 70 pacientes, chega pola suposta insostibilidade económica do centro, a pesar do concerto que mantén co Sergas. O Comité xa advertiu que vai dar a batalla na defensa do emprego e pola continuidade do servizo e anunciou que presentará un plano de viabilidade.
5/6/2009 A central advirte á Consellaría que non vai tolerar a entrada de xestión privada no sistema público de saúde
A CIG reclamou á Xunta que poña en marcha os acordos pola saúde acadados en 2006, especialmente no referente á construción do novo hospital da área sanitaria de Vigo. Dende a CIG de Vigo e a Federación de Saúde desmentiron as afirmacións da Consellería de Sanidade, quen asegurou non dispor de cartos para levar adiante o proxecto, e criticouse que a administración pretenda facilitar a entrada de capital privado no SERGAS lanzando debates “estériles”. De igual xeito, advertiron que non descartan convocar mobilizacións sindicais e sociais se as obras non comezan ao longo deste ano.
29/5/2009 Este hospital resentiuse moito na súa actividade malia ao exceso dos servizos mínimos
O venres ás doce da noite rematará esta quinta xornada de folga no centro de saúde de Povisa. Foi unha semana chea de tensións, un conflito moi duro no que as traballadoras e traballadores puxeron valor e forza, tanto as centos de persoas que participaron dos piquetes asi como aquelas, que obrigadas a traballar en servizos mínimos, realmente cumpriron eses servizos mínimos mais que se negaron a traballar en departamentos e equipas que non eran as súas, e que colapsaron realmente este hospital.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com