26/1/2010
Acompañados por delegados/as da CIG, trasladaron as súas reivindicacións até as portas da Deputación de Ourense
Unha representación do Corpo da Policía Local de Verín, acompañado por delegados e delegadas da CIG, deu continuidade ás mobilizacións que emprendeu hai máis dun ano cunha concentración este luns, 25 de Xaneiro, diante dos edificios da Deputación de Ourense para denunciar a falta de negociación colectiva no Concello e reclamar á institución provincial que medie diante do alcalde de Verín, co obxecto de promover o inicio dun diálogo coas organizacións sindicais e os traballadores/as.
20/1/2010
Na cidade de Ourense, ás 12:00 horas
Unha representación do Corpo da Policía Local de Verín, dando continuidade ás mobilizacións que emprendeu hai máis dun ano, manifestarase e concentrarase o próximo luns, día 25 de Xaneiro, en Ourense para reclamar ao alcalde do Concello que abra unha vía de negociación colectiva “real e seria” que propicie a normalización das relacións laborais na institución local, así como a aplicación da Lei de Coordinación dos axentes locais, en vigor dende hai case tres anos. Dende a Unión Local da CIG de Verín laméntase que a actitude do rexedor local teña obrigado ao persoal municipal a defender as súas lexítimas reivindicacións a través da vía xudicial.
10/11/2009
Xa houbo dúas sentenzas anteriores nese sentido
Os Policías Locais do Concello de Celanova veñen de gañar, outra vez, unha sentenza no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense no que se obriga ao Concello de Celanova a convocar unha Mesa Xeral para negociar as condicións de traballo das/os funcionarias/os.
10/8/2009
Anuncian que o impugnarán perante o xulgado este novo intento de impor traballos extraordinarios
O Concello de Verín emitiu, o pasado día 7 de
agosto, un Decreto polo que impón á policía local a realización de horas extra
(60 ao ano), como se dunha extensión da súa xornada laboral se tratase. Os
traballadores da policía local, ademais de continuar coas medidas acordadas en
asemblea anunciaron que impugnarán perante o xulgado este novo intento de
obrigalos a facer traballos extraordinarios.
10/8/2009
Deixarán de facer funcións que non son propias do corpo, como abrir e pechar instalacións como o cemiterio ou os recintos feirais
Diante da nula vontade
negociadora do Alcalde do concello de Verín, 16 dos 17 membros do corpo de
policía municipal veñen protagonizando nos últimos meses unha serie de accións
de protesta en demanda tanto da negociación do convenio colectivo como respecto
da xornada laboral ordinaria. Diante da falta dun acordo para, cando menos,
abrir un proceso negociador decidiron iniciar novas accións de protesta a
engadir a súa negativa de facer horas extra.
17/7/2009
Os axentes anuncian novas medidas de presión
As negociacións que a Policía Local de Verín e o alcalde do Concello estaban mantendo de cara ao establecemento dun sistema de cálculo de retribución das horas extraordinarias ficaron rachadas ante a inmobilidade da oferta achegada polo goberno local. Os axentes anunciaron que continuarán sen realizar horas de máis, así como que presentarán recurso contencioso-administrativo contra o requirimento do Alcalde, esixíndolle a prestación de 60 horas extras de servizo.
29/6/2009
Acordaron adiantar o inicio da medida ante as “mensaxes de advertencia” do rexedor municipal
Os policías locais do Concello de Verín acordaron adiantar a suspensión da realización de horas extras ao luns 29 de xuño, tras as “mensaxes de advertencia” enviadas polo rexedor municipal. Os axentes outorgaran un prazo ao alcalde de Verín para retomar as negociacións relativas á fixación do prezo das horas extraordinarias que chegaba até o 6 de xullo, mais ante as declaracións do rexedor, decidiron adiantar esa data ao luns.