18/4/2012
A CIG-Valdeorras reclama que se investigue a suposta venda fraudulenta de chatarra, cobre e maquinaria por parte da compañía
A
CIG-Valdeorras vén de denunciar a empresa ourensá Tendidos
Eléctricos Merino ante a Inspección de Traballo por falta de
ocupación efectiva dos seus 11 traballadores/as. A central
nacionalista tamén presentou un escrito na Garda Civil para que
investigue a venda supostamente fraudulenta de chatarra, cobre e
maquinaria por se puidese supoñer un delito de alzamento de bens.
2/3/2012
A empresa ourensá de aeronáutica di que foi a mutua médica a que tomou a decisión tras comprobar, sen seguir os protocolos que establece a lei, que non existe risco para a saúde
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar ante a Inspección de Traballo que a empresa ourensá Componentes Aeronáuticos (Coasa) está a dar de alta a traballadoras que colleron unha baixa por lactancia ao desenvolver o seu labor en contacto con substancias perigosas. A compañía aeronáutica sostén que foi a mutua médica privada a que tomou a decisión tras supostamente ter comprobado que non existen riscos para a saúde das mulleres nin dos seus fillos/as, pero dende a central nacionalista lembran que o fixo sen seguir os protocolos que establece a normativa.
29/2/2012
A decisión chega dous anos despois do peche da empresa ourensá, cando xa non fan falta para os procesos xudiciais
Dous
anos despois do peche da empresa ourensá Vidreira do Atlántico por
imposición da súa patronal, a Axencia Española de Protección de
Datos (AEPD), vén de ditar unha resolución estimando a solicitude
de Manoel Anxo García Torres (CIG) e 100 traballadores/as máis. En
2009 solicitáranlle á compañía o acceso e entrega das imaxes e
sons gravados pola dirección durante as cinco convocatorias de
folga desenvolvidas dende xaneiro a marzo dese ano ao entender que
estaba a vulnerar o dereito fundamental como é o de folga.
16/2/2012
Critica que se abrise a nova sala de observación sen ter aumentado antes o persoal
A federación de Saúde da CIG de Compostela denuncia diante da opinión pública o deterioro na calidade e tempos de asistencia que se está a producir en urxencias tras a última reestruturación do servizo. Dende a central nacionalista critican a apertura da nova sala de observación sen que se tivese producido antes un incremento de persoal.
4/1/2012
Os familiares do mozo non puideron visitalo na prisión até 15 días despois do seu arresto
A pai dun dos mozos detidos na última operación da Audiencia Nacional española contra o independentismo galego relata nunha crónica que fixo chegar á CIG a crueldade coa que actúa o sistema penitenciario. Entre outras cousas, denuncia que non puideron visitalo na prisión na que se atopa recluído até 15 días despois do seu arresto.
3/1/2012
A CIG denuncia que milleiros de mozos/as están a emigrar en busca dunha saída laboral
O número de ourensáns/ás inscritos nas oficinas do INEM a 31 de decembro de 2011 foi de 28.217, o que supón un incremento de 1.737 persoas con respecto ao ano anterior. Dende a CIG denuncian o impacto que o desemprego está a ter especialmente entre a xente nova e critican a ausencia de medidas do anunciado plan Impulsa da Xunta para a provincia.
3/1/2012
Dende a CIG-Administración denuncian que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poderán contratar persoal propio
A Xunta de Galiza aprobou hoxe na Comisión de Persoal, co voto en contra da CIG e favorable de CCOO e CSIF, un decreto que trata de regular a contratación nos entes instrumentais e os procesos de integración. Para o sindicato nacionalista, este decreto supón outro engano do Goberno Feijóo, xa que lonxe de acabar ou regular os chamados 'chiringuitos', vai significar a súa consolidación ao permitir que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poidan contratar persoal propio sen pasar por un proceso selectivo público.