Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Marín
9/11/2011 O responsábel da FGAMT negouse a declarar na Fiscalía de Pontevedra no proceso aberto por un presunto delito de revelación de segredos
A CIG amosou hoxe o seu rexeitamento ao proceso xudicial aberto contra o responsábel nacional de Mar da FGAMT a raíz da denuncia presentada pola Consellería de Sanidade diante da Fiscalía despois de que Xabier Aboi fixese públicos os tempos de resposta da ambulancia de Marín. O representante sindical negouse hoxe a declarar ao entender que a acusación de revelación de segredos non se sostén porque os datos que deu a coñecer nunha rolda de prensa convocada para criticar os recortes no servizo de emerxencias son públicos.
23/9/2011 A central nacionalista sostén que no último mes houbo tres emerxencias con resultado de morte por cardiopatía que non foron ben atendidas
A FGAMT-CIG de Pontevedra denunciou onte en rolda de prensa que no último mes producíronse tres emerxencias en Marín con resultado de morte por problemas cardiovasculares e que nas tres ocasións os tempos de resposta das ambulancias superaron o que recomendan os expertos. A central nacionalista esíxelle á Consellería de Sanidade que dea marcha atrás na decisión de deixar á localidade pontevedresa sen vehículo médico entre as 22.00 e as 10.00 horas.
3/7/2009 Estiveron seguidas dun desmedido despregue de antidisturbios, que acompañaron aos folguistas
A mañá do venres 3 de xullo era de novo punto de encontro para os folguistas nas distintas zonas industriais, desde onde partían para coller pasadas as dez da mañá vinte autobuses para mobilizarse nesta xornada fronte á Factoría Naval de Marín, para despois camiñar até Pontevedra, onde se realizou unha nova manifestación polo centro da cidade, onde puideron escoitar e visibilizar a dignidade da loita do Metal, que non para e que continúa, diante de ameazas e o acoso patronal, e baixo unha forte presión e unha desmedida presenza de dotacións de antidisturbios de novo.
2/7/2009 Novas marchas na vixésimo segunda xornada de folga polo centro de Vigo
Se o escenario dunha folga despois de vintedúas xornadas de folga sempre é complexo, na mañá do 2 de xullo aínda o era un pouco máis, xa que amencía coa decisión, que aparecia nos medios de comunicación, de UGT de desconvocar a folga do Metal. A folga continuou e novas marchas percorreron a cidade de Vigo, que confluiron nunha asemblea na Praza do Concello, onde se decidiu continuar coas mobilizacións e levar na xornada 23 de folga esta folga até Marín e Pontevedra. A CIG apostou por recompoñer a unidade sindical e por continuar a dar a batalla por acadar un convenio digno.
18/6/2009 A dirección comprométese a pagar 36 días por ano traballado e garantir o emprego na planta de fío durante 3 anos
A asemblea de traballadoras e traballadores de Galfrío, celebrada na tarde do xoves 18 de xuño, aprobou por unanimidade o preacordo acadado entre a representación social e a empresa. O texto, ao que haberá que incluír algún “pequeno matiz”, será redactado e asinado no mañá do venres 19 de xuño ante a Inspección de Traballo.
17/6/2009 A proposta xurdiu na reunión mantida entre a representación social, a empresa e a Inspección de Traballo
As traballadoras e traballadores de Galfrío volveron concentrarse na mañá do 17 de xuño diante dos edificios da Xunta en Vigo para amosar o seu rexeitamento ao ERE presentado pola empresa, así como polas escasas compensación que oferta a dirección. Posteriormente trasladáronse até a Inspección de Traballo, onde os representantes dos traballadores/as mantiveron unha reunión coa empresa para tentar chegar a un acordo sobre o despedimento de 53 persoas, logo de rematado o período oficial de negociacións e ante o anuncio da Inspección de emitir un informe desfavorábel.
9/6/2009 A CIG-Mar critica que a administración non sexa quen de achegar alternativas ao peche da planta de elaborados
O persoal de Galfrío volveu protagonizar unha nova acción na mañá do martes 9 de xuño en contra do expediente de regulación na planta de elaborados de Marín e para reclamar á administración a busca de socios que se fagan cargo da planta de elaborados, permitindo deste xeito o mantemento dos postos de traballo. Desta volta pecháronse novamente na delegación da Xunta en Pontevedra onde o se lles comunicou que a administración non atopa alternativas para evitar o peche da fábrica.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com