22/5/2012
A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
17/4/2012
A CIG-Saúde rexeita a medida e sospeita que parte destes dispositivos non volverán a abrir ao rematar o período estival
A CIG-Saúde de Lugo amosou o seu absoluto rexeitamento ás pretensións da Xerencia do Hospital de pechar 105 camas durante os meses de xullo e agosto, e 68 durante o mes de setembro, ás que hai que sumarlle as 23 camas que permanecen sen uso na unidade de pediatría. Dende a Federación da CIG denuncian que esta medida, adoptada baixo a escusa do aforro, precarizará o servizo sanitario prestado e afonda no camiño da privatización da sanidade e os servizos públicos.
5/10/2011
Terá lugar o venres día 7 de outubro ás 20:30 horas, con saída da Casa do Mar en Vilagarcía
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do
Salnés, na que está integrada a CIG, vén de convocar unha manifestación para o
vindeiro venres día 7 de outubro, ás 20:30 horas, en Vilagarcía, baixo o lema “O
Salnés: Área Sanitaria propia. Non ao desmantelamento do Hospital”.
14/6/2011
CIG-Saúde censura a “enxeñería de xestión” da dirección para conseguir que a redución da calidade asistencial non afecte ás listas de espera
A pesares do recente traslado ao novo hospital Lucus Augusti, a área sanitaria de Lugo tamén vai sufrir este ano o peche de camas durante os meses do verán. A CIG-Saúde de Lugo remarcou a estudada “enxeñería de xestión” practicada pola dirección do centro para aparentar que esta decisión non terá efectos na calidade asistencial.
18/4/2011
Destaca a importancia deste proceso nun momento de grave recorte de dereitos laborais e ataques á sanidade pública
A CIG-Saúde da Coruña deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa a candidatura e o programa que vai presentar ás eleccións sindicais na área sanitaria, que se celebrarán o vindeiro 5 de maio. Eleccións que, lembraron, se realizan nun momento de grave recesión dos dereitos da clase traballadora e diante da progresiva aplicación de políticas de privatización da sanidade pública, que merman a capacidade asistencial e ameazan a viabilidade e supervivencia do sistema sanitario.
15/3/2011
A CIG-Saúde lembra que este acto é ineludíbel para que os/as opositores que aprobaron o último proceso selectivo non perdan a súa praza
CIG-Saúde vén de denunciar unha vez máis as políticas de desmantelamento sanitario que padece a área Sanitaria da Coruña por mor da diminución de cadros de persoal, a contratación precaria en todas as categorías ocultando as vacantes estruturais, peches de Unidades e Servizos, suspensión do Plan Mellora de Atención Primaria, etc.. Agora, ademais vén de iniciarse “unha ofensiva contra os dereitos dos profesionais sanitarios” coa denegación de permisos de libre disposición, formación, deber inescusábel ou enfermidade moi grave.
9/7/2010
Enmarcado no calendario de mobilizacións da Xunta de Persoal da área sanitaria de Ferrol
Traballadores e traballadoras da área sanitaria de Ferrol continuaron esta mañá co calendario de mobilizacións acordado pola Xunta de Persoal para reivindicar os dereitos dos traballadores/as. Desta volta, desenvolveuse unha concentración á entrada do Hospital Arquitecto Marcide na que se denunciaron as penosas condicións que están a padecer os empregados/as do servizo de lavandería deste centro.