8/6/2009
Sairá do cruce de Gran Vía con Urzáiz e rematará na Praza da Estrela
O martes 9 de xuño ás oito da tarde terá lugar unha manifestación na cidade de Vigo, convocada por CIG, CCOO e UGT, en solidariedade coa loita do Metal e en apoio aos milleiros de traballadores que despois de seis xornadas de folga continuarán nesta semana cunha nova convocatoria de folga. O paro foi aprazado até o xoves como unha mostra de boa vontade das organizacións sindicais de cara a buscar un avance nas negociacións, mentres que o venres esta folga terá carácter xeral, polo que están chamadas todas as empresas do sector, mesmo aquelas que teñen convenio propio. A continuación reproducimos un folleto que vai ser repartido nos centros de traballo, chamando á convocatoria desta manifestación, que sairá ás oito da tarde do cruce de Gran Vía con Urzáiz e que rematará na Praza da Estrela.