2/7/2011
Obtén o 40% dos votos a pesar das presións e das artimañas utilizadas pola empresa para reducir a presenza da central nacionalista
Máis de 2.000 traballadores/as estaban chamados ás urnas na rede de distribución comercial do Grupo GADIS en 90 centros espallados por toda a provincia coruñesa, nunhas eleccións nas que a CIG conseguiu un resultado espectacular ao obter máis do 40% do apoio do persoal, o que supón uns 600 votos e 9 delegados/as. Dende a Federación de Servizos valoran especialmente este resultado, xa que o proceso desenvolveuse baixo as habituais presións e os intentos da dirección por prexudicar o sindicato nacionalista a través da influencia dos encargados no voto, da contratación a última hora para inflar o censo, de se celebraren as eleccións en período de vacacións ou da difusión de mensaxes apocalípticas no caso de que gañase CIG.
26/5/2011
A empresa, que busca limitar a presenza da central nacionalista, despediu a dous traballadores que se ían presentar na candidatura da CIG e enganou cunha falsa promesa de contrato a irmá dunha delegada
A CIG-Servizos compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a campaña de represión que o Grupo Gadis está a realizar contra os candidatos/as da CIG, ás portas das eleccións sindicais no conglomerado empresarial. Dende a Federación explican que, ao igual que ten acontecido en procesos anteriores, Gadis iniciou esta persecución co despedimentos de dous candidatos da central nacionalista e aplicando diversos métodos de coacción entre o persoal, que mesmo afectan aos seus familiares.
13/5/2010
A empresa pretende evitar que a central manteña informados os/as traballadores/as sobre a súa realidade laboral
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante da sede de Vegalsa-Eroski no Polígono de Agrela para denunciar a política de represión sindical que a empresa está a pór en práctica. Dende a CIG-Servizos criticaron que Vegalsa vén de sancionar a unha delegada da central, baixo falsas acusacións, con 16 días de emprego e soldo, dentro dunha manobra para evitar que os traballadores e traballadoras sexan conscientes de que son os peores pagados/as do sector.
14/12/2009
Néganlles a posibilidade de traballar en festivos para que non poidan recuperar os cartos
O pasado domingo día 6 de decembro, un grupo de delegados e delegadas de comercio de alimentación concentrábanse diante dun centro de traballo de Gadis en solidariedade cunha delegada polas presións que ela e máis as súas compañeiras están a sufrir por teren participado na folga convocada no sector en demanda dun convenio digno.
4/12/2009
A CIG rexeita o texto xa que as condicións estabelecidas son moi inferiores ás da plataforma sindical e mesmo ás acadadas en Pontevedra
Na madrugada do xoves ao venres, logo dunha prolongada negociación e co precedente de Pontevedra, acadábase un preacordo para o convenio do comercio da alimentación na provincia de A Coruña entre a patronal, UGT e CCOO, que a CIG non asinou por tratarse dun convenio moi inferior ao de Pontevedra e que afonda nas desigualdades que existen entre os traballadores/as das dúas provincias.
27/11/2009
Máis do 90% dos estabelecementos pecharon e practicamente o 100% dos almacéns de distribución
A primeira xornada de folga no sector do comercio da alimentación rexistrou un amplo seguimento tanto na provincia de Pontevedra como na de A Coruña, xa que o 100% do persoal de almacéns secundou o paro, mentres que nas tendas o seguimento foi do 90%, especialmente pola forte represión e medidas de coaccións levadas a cabo nos últimos días polas empresas do Grupo Gadisa. Dende a CIG valorouse moi positivamente a resposta dada polos traballadores e as traballadoras, xa que supón un “grande avance no sector”.
19/11/2009
Se non avanzan as negociacións tras da xornada de paro do 27 de novembro, será indefinido a partir do día 9 de decembro
CIG, CCOO, UGT e Fetico veñen de anunciar a convocatoria dunha xornada de folga para o próximo día 27 de novembro no sector de Comercio e Alimentación das provincias de A Coruña e Pontevedra. Porén, xa advertiron que a folga será indefinida a partir do día 9 de decembro se non avanzan as negociación do convenio colectivo. En total, máis de 31.000 traballadores e traballadoras e uns 2.200 estabelecementos en ambas provincias veranse afectados polos paros.