Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Consellaría de Traballo e Benestar
23/5/2012 O persoal realizou concentracións diante da escola infantil de Oza e Elviña na Coruña
O Comité de Traballo e Benestar da provincia da Coruña continúa esta semana co intenso calendario de mobilizacións en contra das pretensións da Consellaría de destruír 200 postos de traballo e afondar no proceso de peche e privatización dos servizos públicos. O martes, o persoal realizou concentracións diante das Escolas Infantís de Oza e Elviña e mañá, xoves, tocará a quenda aos centros do Ventorrillo (ás 09:30 horas) e das Mariñas (ás 11:00 horas).
16/5/2012 Esixen o mantemento dos empregos e das condicións laborais e garantías do carácter público dos servizos
Traballadores e traballadoras dos centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar recibiron esta mañá cunha sonora pitada á titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, á súa chegada ao Concello de Oleiros. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que a central sindical vén realizando en defensa dos servizos públicos, dos empregos e dunhas condicións laborais dignas para o conxunto do persoal destes centros.
15/5/2012 O Comité de Traballo e Benestar denuncia o desmantelamento e progresiva privatización dos centros da Consellaría
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña desenvolveu este martes unha nova xornada de mobilizacións en defensa dos servizos sociais, das condicións laborais e contra as amortizacións de postos de traballo. Desta volta, as concentracións realizáronse en Ferrol, diante das Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois.
14/5/2012 Convocada polo Comité Intercentros e polos catro comités provinciais de Traballo e Benestar
Traballadoras e traballadores dos centros públicos de Benestar percorreron o pasado venres Compostela, desde a Cidade da Cultura até o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, nun longo traxecto polo centro da cidade, en defensa destes servizos. Con esta marcha, convocada polo  Comité Intercentros e os  catro comités provinciais de Traballo e Benestar, exixiron responsabilidades pola política de desmantelamento dos servizos públicos e a amortización de postos de traballo.
8/5/2012 O persoal dos centros de diversos centros da provincia da Coruña levou a cabo asembleas permanentes que se prolongaron até este martes
Os traballadores e traballadoras das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantís e outros centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña realizaron unha xornada de loita o luns en defensa dos seus empregos e uns servizos sociais públicos e de calidade.
18/4/2012 A representación sindical demandou o cese da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, como máxima responsábel do “deterioro” do sistema
O Presidente do Comité Intercentros da Xunta e os 4 presidentes dos Comités de Empresa provinciais da consellaría de Traballo e Benestar, compareceron este martes en rolda de prensa, para denunciar o deterioro do sistema de benestar en Galiza, a amortización de persoal e demandar do Presidente da Xunta o cese da conselleira, Beatriz Mato, por ser “a máxima responsable” desta situación. Xa anunciaron unha concentración en San Caetano, o vindeiro venres día 27 de abril, coincidindo coa entrega das sinaturas que se están recollendo, e outra, con marcha-protesta incluída, o 11 de maio, desde a Cidade da Cultura até o edificio administrativo da Xunta de Galiza.
13/4/2012 A central sindical solicitou unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar na para abordar a situación laboral do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Representantes da CIG e dos Comités de Empresa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Galescolas e centros de día) concentráronse na mañá deste venres, durante inauguración da escola infantil “A Braña” en Carballo, para denunciar a privatización destes centros e o progresivo deterioro das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Consorcio. Neste acto, a CIG entregou a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, un escrito no que solicita unha entrevista para aclarar o futuro destes centros e abordar a situación laboral do persoal do Consorcio.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com