21/7/2009
Concentráronse diante do edificio da Xunta, onde mantiveron unha xuntanza coa delegada territorial
As traballadoras do centro de Treves en Pontevedra trasladáronse no segundo día de folga na empresa até Vigo para concentrarse diante das dependencias da Xunta, onde mantiveron un encontro coa delegada, Lucía Molares, á quen lle trasladaron o seu rexeitamento ao ERE presentado pola multinacional, e que, de facerse efectivo, suporá a rescisión dos contratos da totalidade do persoal.
10/6/2009
O comité de empresa da Consellaría de Traballo manterá unha xuntanza con Lucía Molares o mércores 10 de xuño
O Comité de empresa da Consellaría de Traballo
e Benestar na provincia de Pontevedra (antigo comité de Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar) vai solicitar á delegada da Xunta en Vigo, Lucía
Molares, o regreso dos traballadores e traballadoras que tiveron que ser
trasladados/as por mor das obras no Fogar San Paio de Vigo, tamén coñecido como
a Gota de Leite, dado que se xa teñen finalizado as pertinentes obras que
motivaron o seu desprazamento.