5/5/2010
O acto terá lugar o vindeiro xoves 6 de maio, ás 18:00 horas
O xoves 6 de maio a CIG de Valdeorras presentará a revista coa que quere conmemorar os 25 anos de presenza do sindicalismo nacionalista na comarca. Esta presentación, marcará o inicio dunha serie de actos programados o longo de todo o ano 2010, a través dos que se quere lembrar a historia da CIG en Valdeorras e dar a coñecer ao conxunto da sociedade da comarca o traballo desenvolvido durante este tempo.
17/11/2009
Editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados
Presentouse na sede da
Euskaltzaindia, Academia da Lingua Vasca, o poemario Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau
heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika,
Lorca, do exiliado-emigrante galego-venezuelano Xosé Sesto. Este novo
volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de
Asociacións de Emigrantes Retornados.
11/11/2009
O vindeiro venres 13 de novembro na sede da Euskaltzaindia
O venres 13 de novembro en Prazaberri, Bilbo, na sede da Euskaltzaindia terá lugar a presentación do libro “Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika, Lorca”, do exiliado galego Xosé Sesto. Este novo volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados.
9/10/2009
Coeditado pola central e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados
O departamento de Migración da CIG vén de presentar o libro José Almoina & Pilar Fidalgo exilio. Dominicana, México, elaborado Xurxo Martínez Crespo e coeditado pola Confederación Intersindical Galega e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, en Edicións A Nosa Terra.
5/2/2008
Un novo libro de FESGA apresentouse no Auditorio de Baio,
O pasado venres, día 1 de febreiro, apresentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema.