30/11/2010
A Unión Local presentou o libro que resume os seus 25 anos de vida
A
Unión Local da CIG de Valdeorras ten á venda unha serie de artigos
para axudar a sufragar os gastos da celebración dos seus
25 anos. O lote está formado por un libro, un paraugas, un chapeu
para a choiva e unha gorra, todos co anagrama conmemorativo.
17/11/2009
Editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados
Presentouse na sede da
Euskaltzaindia, Academia da Lingua Vasca, o poemario Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau
heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika,
Lorca, do exiliado-emigrante galego-venezuelano Xosé Sesto. Este novo
volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de
Asociacións de Emigrantes Retornados.
11/11/2009
O vindeiro venres 13 de novembro na sede da Euskaltzaindia
O venres 13 de novembro en Prazaberri, Bilbo, na sede da Euskaltzaindia terá lugar a presentación do libro “Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika, Lorca”, do exiliado galego Xosé Sesto. Este novo volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados.
9/10/2009
Coeditado pola central e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados
O departamento de Migración da CIG vén de presentar o libro José Almoina & Pilar Fidalgo exilio. Dominicana, México, elaborado Xurxo Martínez Crespo e coeditado pola Confederación Intersindical Galega e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, en Edicións A Nosa Terra.
5/2/2008
Un novo libro de FESGA apresentouse no Auditorio de Baio,
O pasado venres, día 1 de febreiro, apresentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema.
18/1/2008
O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
A Libraría Couceiro de Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro `Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian´, que recolle unha escolma de poemas de Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.