7/2/2012
CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei
Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.
30/1/2012
Organizado polo Comité de Empresa e os/as traballadores/as afectado polo peche de diversos servizos municipais
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns quedou pequeno para acoller a todas as persoas que participaron no festival de apoio aos servizos públicos de Ames. Segundo a organización repartíronse uns 500 adhesivos co lema “Eu apoio os servizos públicos de Ames. Non ao peche de servizos e ao despedimento de 9 traballadores e traballadoras”.
26/1/2012
O prezo pola atención educativa pasa dun máximo de 110 e 160 euros e deixarán de ser acumulábeis os descontos por circunstancias familiares particulares
O mércores 25 de xaneiro, publicáronse no DOG as novas taxas que a Xunta de Galiza vén de aprobar para as escolas infantís, que suporán un incremento moi por riba do 19% anunciado polo presidente Feijoo. De feito, nalgúns servizos, como o de comedor, a taxa actual chega a duplicarse.
24/1/2012
Convoca unha concentración no edificio administrativo de San Caetano, o venres 27 de xaneiro, ás 9:30 horas
O Comité de Empresa da consellaría de Traballo
e Benestar vén de manifestar o seu rexeitamento ao peche definitivo do Centro
de Menores de Montealegre, en Ourense, de titularidade e xestión pública. Denuncian
que con esta decisión terá como consecuencia a amortización de 12 postos de
traballo. Por iso anuncian a convocatoria dunha concentración o día 27 de
xaneiro, ás 9:30 horas, no edificio administrativo de San Caetano.
23/1/2012
Terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 27 de xaneiro ás 20:15 horas
Música, poesía, contacontos, monólogos e
comunicados. O Comité de Empresa do Concello de Ames e os nove afectados pola
proposta de despedimentos presentada polo goberno municipal organizan para o
venres, 27 de xaneiro, ás 20:15 na Casa da Cultura de Bertamiráns un festival
de apoio aos servizos públicos de Ames. Con este acto a organización pretende
facer unha chamada de atención ao goberno de Ames para que desista da súa
proposta de peche dos servizos municipais de Normalización Lingüística,
Animación á lectura, parte do Servizo de Bibliotecas, Brigada de Medio Ambiente
e Radio Municipal e para que reconsidere a proposta de despedimentos que
presentou o pasado 15 de novembro.
20/1/2012
A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
19/1/2012
Manifestan a súa oposición a calquera medida que supoña recortar aínda máis as condicións laborais dos empregados e empregadas públicas
As federacións da Área Pública da CIG
(Administración, Ensino e Saúde) denuncian a campaña sistemática de
desprestixio dos/as empregados/as públicos/as e, por extensión, dos servizos públicos.
Manifestan a súa oposición a calquera medida que supoña recortar aínda máis as
condicións laborais dos empregados e empregadas públicas e denuncian a
publicación de informacións baseadas na mentira e na demagoxia en medios afíns
ao PP que teñen como único obxectivo manipular á opinión pública.