marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
V Congreso
12/3/2010 Debateranse as ponencias de Acción Sindical e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos, elixirase secretario/a nacional e a composición da nova Executiva
CIG-Saude. manifestacion. 09-10-28. 2
A Federación de Saúde da CIG celebrará o seu V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debaterán, a partir das 11:15 horas do sábado, as ponencias de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e elixirán á/ao nova/o secretaria/o nacional e á Executiva. CIG-Saúde aposta por construír unha organización sindical forte, para enfrontar as agresións que o conxunto da sanidade está a sufrir “pola implantación das políticas neoliberais e a receptividade e o fomento dos gobernos a dar entrada ao capital privado no sistema sanitario, convertendo este nun negocio que de futuro só dará beneficios ao mundo empresarial en detrimento da calidade asistencias, da carteleira de servizos que se ofertan á poboación e dos dereitos dos/as traballadores/as”.
19/11/2009 Baixo o lema “Por unha administración mellor, mellor en galego”
CartazVCongreso CIGAdmon
A Federación da Administración Pública da CIG celebra o sábado 21 de novembro o seu V Congreso. Co lema “Por unha administración mellor, mellor en galego”, terá lugar este V Congreso, no que participarán 194 delegadas/os, e que será na Faculdade de Económicas da Universidade de Vigo, desde as 9 da mañá e até as 20 da tarde.
25/10/2009 Asegura que a CIG só participará se se poden obter beneficios para a clase traballadora
09-10-24 Suso Seixo 2
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou no acto de clausura do V Congreso de CIG-Ensino, centrou a súa intervención en dous dos aspectos nos que a central sindical está a centrar o seu traballo neste período: a crise económica e as medidas que se están a adoptar para enfrontala e a posta en marcha, novamente, das Mesas de Diálogo Social.
24/10/2009 O secretario nacional, Suso Seixo advirte que a CIG só participará nas mesas de diálogo se serven aos intereses da clase traballadora
09-10-24 Anxo Louzao
O V Congreso de CIG-Ensino celebrado este sábado día 24 de outubro clausurouse coa reelección de Anxo Louzao como Secretario Nacional e a renovación da súa executiva. Durante toda a xornada debatéronse o informe de xestión da Executiva saínte, as modificacións estatutarias introducidas para adaptar a federación ás necesidades derivadas do medre de afiliación, que se incrementou nun 40% nestes últimos catro anos, e o relatorio de acción sindical, onde se definen as liñas de traballo que defenderá a CIG-Ensino nos vindeiros anos, nomeadamente a defensa do ensino público e a mellora das retribucións e condicións de traballo do profesorado galego.
24/10/2009 O relatorio de Acción Sindical foi aprobado tamén por unanimidade
09-10-24 Acción Sindical 1
O V Congreso da CIG-Ensino márcase como obxectivo pular por unha Lei Galega de Educación que garanta un ensino público, gratuíto e de máxima calidade no que a lingua vehicular sexa o galego e pola aprobación dun Estatuto Galego de Profesorado que recoñeza e valore a función docente, facilite a súa formación permanente, garanta a estabilidade e elimine a precariedade, asegure a xubilación anticipada e reduza o horario aos maiores de 55 anos para crear emprego, mellore as retribucións, amplíe o Marco Galego de negociación e reforce a Mesa Sectorial como órgano de representación do profesorado.
24/10/2009 Foi aprobado por unanimidade
09-10-24 Acreditacions 1
O V Congreso de CIG-Ensino comezaba ás 10:30 da mañá deste sábado 24 de outubro coa presentación do Informe de Xestión. Un documento que fai un percorrido pola acción sindical desenvolvida durante este período, caracterizado pola súa conflitividade mais tamén polos acordos acadados, que supuxeron importantes melloras nas condicións de traballo e nas retribucións. Porén, se por algo destaca esta etapa é polo importante incremento da afiliación, nun 40%, o que reforza o modelo sindical practicado e sitúa á CIG-Ensino como sindicato máis representativo no sector e como referente non só entre o profesorado senón ante o conxunto da sociedade galega