4/5/2011
A non cobertura destas baixas supón, na realidade, a eliminación dun dereito do profesorado, ou deixar ao alumnado sen a atención necesaria
A CIG-Ensino denuncia que, segundo informacións da
propia administración, non van ser cubertas as vacantes creadas polo dereito
das traballadoras e traballadores, no noso caso regulado polo artigo 13.5 do Real Decreto 605/1999, de 16 de
abril, de regulación complementaria dos procesos electorais de cara ás
eleccións municipais 2011.
27/10/2010
Baixo o lema “Compromiso coa defensa do ensino público galego”
A CIG-Ensino vén de presentar as
candidaturas coas que concorrerá ás eleccións sindicais no ensino público non
universitario, que terán lugar o vindeiro día 2 de decembro. Unhas eleccións ás
que se presenta baixo o lema “Compromiso coa defensa do ensino público galego”
e nas que agarda incrementar tanto o número de votos como de delegados/as que
obtivo nas celebradas hai 4 anos, consolidando así a súa posición como
organización sindical maioritaria, para o que parte cunha representación, na
actualidade, do 40% en Galiza.
13/10/2010
A Federación do Metal de Ferrol agradece a confianza amosada polos traballadores/as no modelo sindical defendido por esta central
A CIG-Metal continúa recollendo bos resultados e nas últimas semanas gañou as eleccións sindicais celebradas nas empresas Thyssenkrupp Elevadores, S.L., no centro de traballo de Ferrol, e en Artnacero, situada no Polígono industrial de Vilar do Colo. Dende a CIG-Metal quixeron agradecer a confianza amosada polos traballadores e traballadoras destas empresas na central sindical e modelo sindical da CIG.
18/6/2009
O prazo para a súa presentación rematou ás 9:30 horas do xoves 18 de xuño
A Comisión de Organización do V Congreso da
CIG reunida na mañá deste xoves día 18 de xuño, validou as catro candidaturas
presentadas para conformar a nova Executiva Confederal da central para os
vindeiros catro anos. O prazo de presentación remataba ás 9:30 horas deste
xoves día 18 e tras confirmar que todas cumpren os requisitos estatutarios son
consideradas xa oficiais.