Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
mármore
17/7/2009 Os empresarios comprometéronse a elaborar o estudo epidemiolóxico antes do 15 de novembro
A folga de traballadores/as do sector da pedra e o mármore da provincia de Pontevedra ficaba desconvocada logo de que se produciran avances na negociación, durante a xuntanza mantida coa patronal o pasado mércores 15 de xullo. Deste xeito, conseguíase desbloquear a situación de inmobilidade e acadábase o compromiso de establecer un calendario para abordar as categorías profesionais ou elaborar un estudo epidemiolóxico antes do 15 de novembro.
14/7/2009 A CIG-Construción presentou denuncias ante a Inspección de Traballo polas presións e coaccións das empresas
Os traballadores e traballadoras de mármores e pedras da provincia de Pontevedra desenvolveron unha nova xornada de folga marcada polas coaccións e as ameazas que sufriron por parte das principais empresas do sector, agrupadas na Asociación de Galega de Graniteiros. Non obstante, os folguistas mantiveron os paros e desenvolveron unha manifestación polas rúas de O Porriño, concello onde están asentadas as principais industrias do sector.
10/7/2009 Manteñen a convocatoria de folga para os días 14,16, 21 e 22 deste mes
A Federación de Construción e Madeira da CIG vén de anunciar que os traballadores e traballadoras do sector de mármores e pedras de Pontevedra teñen acordado trasladar as súas protestas das zonas industriais ás cidades e vilas da provincia. A decisión chega logo das declaracións do presidente da Asociación de Graniteiros, quen ratificou o rexeitamento da patronal ao estudo sobre po e ruído, afondando no deterioro das relacións laborais.
8/7/2009 A CIG-Construción considera moi preocupante que os empresarios neguen os resultados do estudo sobre po e ruído
A Federación de Construción e Madeira da CIG, ante as últimas declaracións feitas públicas polo presidente da Asociación Galega de Graniteiros a respecto do informe sobre ruído e po e sobre a convocatoria de folga no sector, lembra que é a propia patronal quen nega a posibilidade de realizar un estudo epidemiolóxico para coñecer a incidencia das enfermidades profesionais. Deste xeito, non recoñecen a existencia de condicións tóxicas co que “nin pagan os pluses comprometidos en convenio colectivo nin, é de supoñer, adoptarán medidas preventivas en función dos datos que se sinalan no informe técnico”, razóns de sobra para iniciar mobilizacións.
2/7/2009 Os paros volverán repertirse os días 14, 16, 20 e 21 de xullo, ante o inmobilismo amosado pola patronal
A terceira xornada de folga nas empresas do sector da pedra e o mármore da provincia de Pontevedra volveron rexistrar un seguimento masivo nas principais industrias do ramo, situadas na zona de O Porriño, Ponteareas e Tui. Nesta ocasión, os traballadores e traballadoras tamén desenvolveron unha asemblea e posterior manifestación polas rúas do centro de O Porriño e solicitaron unha entrevista co alcalde do municipio para exporlle a situación laboral na que se atopan os obreiros.
30/6/2009 A CIG-Construción advirte que non se prevé unha solución ao conflito a curto prazo, dada a actitude da patronal
A segunda xornada de folga no sector de Mármores e Pedras da provincia de Pontevedra volveu ter unha resposta masiva na zona de O Porriño, onde se concentra a maioría da industria da pedra, tendo tamén grande incidencia nas áreas de O Salnés e Pontevedra. A folga, convocada polos incumprimentos do convenio colectivo e as conxelacións salariais que se están a practicar por parte da patronal, terá continuidade o vindeiro xoves 2 de xullo.
25/6/2009 A CIG-Construción considera que a paralización da actividade reflicte o malestar dos traballadores/as e insta á patronal a tomar nota
A folga convocada no sector do mármore e a pedra da provincia de Pontevedra para denunciar o incumprimento do convenio colectivo e a constante degradación das condicións laborais no sector, tuvo un seguimento unánime por parte dos traballadores e as traballadoras na sua primeira xornada. Dende a CIG-Construción instaron á patronal a tomar nota e actúar para recuperar a boa marcha das relacións laborais. Os paros volverán repetirse o vindeiro 30 de xuño e o 2 xullo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com