16/9/2011
Os traballadores/as manteñen as dúas xornadas de folga para rexeitar despedimentos e reclamar a publicación do convenio
O comité de empresa de Treves
Pontevedra denunciou o que considera un peche patronal despois de que
a produción da compañía con sede no polígono do Campiño
permanecese suspendida por orde da dirección ante os problemas de
subministro que sofre Citröen. Dende a CIG denuncian que o peche
produciuse sen que se tivese respectado a obrigación de comunicalo
con tres días de antelación e reiteran que manteñen a convocatoria
de folga para a semana que vén.
1/6/2010
Concentráronse o luns novamente ante a casa do empresario, en Negreira, en demanda do pago dos salarios
Os traballadores e traballadores de Panaderías O Tangueiro descubriron que o empresario acaba de pagar os atrasos do aluguer dos locais e temen que tras destes pagamentos se agoche a intención de reiniciar a actividade empresarial creando unha nova sociedade e con outros empregados/as. A CIG advirte que non consentirá que unha manobra destas características se efectivice e que recorrerá a todos os mecanismos ao seu alcance para denuncialo. Os traballadores protagonizaron, este luns, unha nova concentración diante da casa de José Luís Vázquez, en Negreira, para exixir o pagamento dos salarios adebedados e explicacións respecto dos cartos desaparecidos.
18/5/2010
Levan case cinco meses sen cobrar, sen dereito a paro e sen noticias nin do empresario nin dos beneficios que obtivo nos últimos meses
Traballadores e traballadoras de Panderías O Tangueiro e
representantes da CIG, arredor dun centenar de persoas, manifestáronse esta mañá
polas rúas de Compostela para lembrar a situación na que se atopan, desde que o
empresario do Grupo, Gustavo Vázquez, deixou de pagar salarios, cotizar á
Seguridade Social e facerse cargo dos gastos correntes da empresa. A estas
alturas acumulan xa cinco meses sen cobrar e nada parece indicar que o vaian
facer en breve. A CIG denuncia que o empresario se negou a acatar a obriga de
reabrir os centros de traballo, ditaminada tanto pola consellaría de Traballo
como pola Inspección.
28/4/2010
Máis de 70 familias levarán, o sábado día 1 de Maio, catro meses sen ingresar o salario e sen dereito a paro
O próximo sábado día 1 de Maio os máis de 70 traballadores/as de Panaderías O Tangueiro cumprirán o cuarto mes consecutivo sen cobrar e 18 días sen traballo efectivo, logo de que a empresa decretara un peche patronal que foi declarado ilegal pola Inspección de Traballo. Como tampouco foron despedidos non teñen dereito ao paro, por iso agardan unha nova resolución das autoridades laborais, que son quen teñen que dar unha solución definitiva. Entre mentres, o empresario continúa agochado e sen dar contas do paradoiro dos cartos desaparecidos.
20/4/2010
Obriga a reabrir os centros de traballo para que as/os traballadoras/es poidan regresar aos seus postos
Tras das denuncias presentadas pola CIG perante a Inspección de Traballo e a Dirección Xeral de Relacións Laborais, o peche patronal que a empresa decretara para impedir que os traballadores regresaran aos seus postos de traballo foi declarado nulo, obrigando a reabrir os centros de traballo desde esta pasada noite. Porén, os traballadores non puideron reincorporarse porque nin lles abriron as portas nin había mercadorías para elaborar os produtos.
7/4/2010
A FGAMT-CIG considera que é unha nova burla aos traballadores, vítimas dun empresario “sen escrúpulos”
A anunciada reincorporación das traballadoras e traballadores de panaderías O Tangueiro nos centros de traballo -logo de ter acordado en asemblea a suspensión temporal da folga indefinida convocada desde o pasado día 1 de abril- foi imposíbel porque a última hora da tarde de onte, martes 6 de abril, a empresa comunicou aos seus representantes un peche patronal, impedindo así que reiniciar á actividade.
9/2/2010
A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.