22/3/2011
A central nacionalista logrou tres dos cinco delegados/as do comité
A
CIG de Valdeorras alzouse coa vitoria nas eleccións sindicais
celebradas o pasado martes día 22 de marzo na compañía Pizarras
Caborco Oscuro. O comité de empresa, composto por cinco membros,
queda formado por tres delegados da central nacionalista e dous da
UGT.
1/7/2009
A CIG-Valdeorras denuncia que a empresa incumpre o convenio colectivo da lousa
A CIG de Valdeorras vén de denunciar que Pizarras Caborco Oscuro S.A. está a ameazar ás traballadoras e traballadores que se negan a facer os recoñecementos médicos fóra do seu horario de traballo, obrigándoos a renunciar voluntariamente a este dereito ou lanzando advertencias a respecto das futuras renovacións nos contratos.