Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Queremos Galego
15/12/2011 Convoca unha nova concentración para o sábado 17 de decembro, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, en Compostela
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma parte a CIG celebrou esta mañá, diante da institución do Valedor do Pobo, unha concentración para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía. O vindeiro sábado está convocada outra concentración, na Praza do Toural, en Compostela, ás cinco da tarde.
12/12/2011 En protesta polo ditame supostamente favorábel á retirada dun libro de texto escolar por reproducir que “o galego é a lingua propia de Galiza"
A plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades sociais de diferente tipoloxía, entre elas a CIG, convoca para esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá unha concentración diante da sede do Valedor do Pobo, en Santiago de Compostela.
12/12/2011 Exixe ao conselleiro de Educación que cese na súa cruzada contra o galego
As declaracións que vén de facer públicas o Conselleiro de Educación, avalando a recomendación do Valedor do pobo contra o libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria, da Editorial Vicens-Vives, por recoller que a lingua propia de Galiza é o galego, vén a evidenciar, en palabras do Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que “o  Conselleiro de Educación continúa instalado na obsesión permanente de exterminar o idioma como lingua vehicular no ensino. É inaceptábel, ademais de provocador, que o señor Conselleiro de Educación deteste e promova a eliminación dun texto escolar no cal o único que se fai é reproducir o artigo 5.1. do Estatuto de Autonomía de Galicia”.
7/7/2011 Unha delegación da plataforma cidadá mantivo un encontro en Madrid cun comité de expertos europeos
A finais de 2008, o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu o seu informe sobre o nivel de aplicación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no Estado español. Desde o acceso á presidencia do Goberno galego de Alberto Núñez Feijóo, na primavera de 2009, non só non se escoitaron as recomendacións realizadas nese relatorio, senón que mesmo se produciron pasos atrás gravísimos á hora de dar cumprimento a este tratado internacional. Unha delagación de Queremos Galego e da Mesa mantiveron unha xuntanza en Madrid cos expertos para trasladarlles os principais incumprimentos en materia lingüística.
5/7/2011 Unha delegación da plataforma cidadá entregaralle un extenso relatorio sobre a situación actual dos dereitos da comunidade lingüística galega
Unha delegación da Mesa e da Plataforma Cidadá Queremos Galego reunirase este mércores en Madrid cos representantes do Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o grao de aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), tratado internacional de obrigado cumprimento ratificado polo Estado español en 2001.
18/5/2011 O medio público silenciou totalmente as críticas á Xunta realizadas pola plataforma
Queremos Galego, que onte convocou a milleiros de mulleres e homes en defensa da nosa lingua baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”, denuncia a “manipulación informativa” da que é vítima por parte da TVG. A plataforma unitaria, que agrupa a máis de 700 entidades do máis diferente tipo, encamiñará a súa queixa ao Valedor do Pobo e ao Consello de Administración da Compañía.
18/5/2011 Nos distintos actos léronse textos de Castelao, Lois Pereiro e de autores e autoras de cada localidade ou comarca
Os galegos e galegas saíron de novo ás rúas das cidades e vilas de Galiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, neste 17 de maio, e participar na mobilización expansiva convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego. Unha mobilización celebrada baixo o lema “Paremos os ataques o galego!” que se estendeu a cidades como Nova York, Belfast, Barcelona, Bos Aires, Oxford, Bruxelas ou Madrid.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com