15/1/2010
“O SIP supón desguazar a caixa e tería graves repercusións laborais”
O venres 15 de xaneiro ás 11.30 da mañá tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola comarca de Vigo da CIG para clarificar a postura da CIG diante da cuestión das caixas, diante das numerosas novas que sobre este tema apareceron nas últimas semanas nos medios de comunicación. Asi, compareceron o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero e Clodomiro Montero, secretario nacional da CIG-Banca.
23/11/2009
CCOO, PSOE e PP deben dar explicacións
O vindeiro 27 de novembro a CIG será recibida polo presidente da Xunta de Galicia para coñecer a posición da central respecto das posíbeis fusións das caixas de aforro galegas. Porén,dadas as informacións publicadas en diversos xornais, a decisión semella estar tomada coa connivencia do PSOE, do PP e de CCOO. Diante destas noticias, que sinalan que Caixa Galicia estaría en disposición de fusionarse con Caja Madrid, a CIG exixe unha inmediata explicación pública.
28/7/2009
Afectaría a máis de 2.000 postos de traballos directos
Ante o debate aberto publicamente, despois da aprobación do FROB, sobre as fusións por absorción das Caixas de Aforros de Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular, que podería afectar a Caixa Galicia, dende a CIG quérese deixar clara a oposición a este posíbel escenario que levaría a desaparición dos Servizos Centrais, das empresas auxiliares, da Obra Social e da Sede Central da cidade de A Coruña.