26/1/2011
O proceso conta co respaldo, tanto do PP, como do PSOE
A semana pasada unha misión do FMI, organismo que defende a privatización dende ano 1999, reuníase co Goberno e co Banco de España, para, ao igual que fixo no seu momento coa da reforma laboral, a reforma das pensións ou a da negociación colectiva, indicarlle as directrices que o capital financeiro internacional tiña para as Caixas de Aforros, que non son outras que a súa inmediata privatización.
1/10/2010
Caixa Galicia e Caixanova preferiron un documento con escaso aval sindical
Este
xoves 30 de setembro as caixas anunciaron un acordo laboral de fusión
con parte da representación sindical que a CIG se negou a asinar.
Nos vindeiros días a central sindical tomará a decisión definitiva
sobre a súa posición, mais xa subliña algún dos aspectos claves
para entender a súa negativa a apoiar o acordo.
15/1/2010
“O SIP supón desguazar a caixa e tería graves repercusións laborais”
O venres 15 de xaneiro ás 11.30 da mañá tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola comarca de Vigo da CIG para clarificar a postura da CIG diante da cuestión das caixas, diante das numerosas novas que sobre este tema apareceron nas últimas semanas nos medios de comunicación. Asi, compareceron o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero e Clodomiro Montero, secretario nacional da CIG-Banca.
23/11/2009
CCOO, PSOE e PP deben dar explicacións
O vindeiro 27 de novembro a CIG será recibida polo presidente da Xunta de Galicia para coñecer a posición da central respecto das posíbeis fusións das caixas de aforro galegas. Porén,dadas as informacións publicadas en diversos xornais, a decisión semella estar tomada coa connivencia do PSOE, do PP e de CCOO. Diante destas noticias, que sinalan que Caixa Galicia estaría en disposición de fusionarse con Caja Madrid, a CIG exixe unha inmediata explicación pública.
28/7/2009
Afectaría a máis de 2.000 postos de traballos directos
Ante o debate aberto publicamente, despois da aprobación do FROB, sobre as fusións por absorción das Caixas de Aforros de Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular, que podería afectar a Caixa Galicia, dende a CIG quérese deixar clara a oposición a este posíbel escenario que levaría a desaparición dos Servizos Centrais, das empresas auxiliares, da Obra Social e da Sede Central da cidade de A Coruña.